topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3460353

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
Máis de 2500 rapaces de educación infantil, primaria e secundaria participarán no Correlingua o vindeiro 15 de maio en Salceda de Caselas
Baixo Miño
Mércores, 14 de Maio do 2008

Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. As actividades teñen como lugar de celebración diferentes comarcas e localidades galegas. Neste momento o Correlingua xa se celebrou na Coruña, Ferrol, Lugo, Foz, Vilagarcía ou Compostela, cun grande éxito de participación.

 

Ler máis...
 
Galiza Nova propón que o emprazamento para o novo centro de saude de Tui sexa na Pousa do Bispo
Tui
Mércores, 14 de Maio do 2008

Despois das loitas políticas dos últimos meses nas que a Consellería do PSOE e o goberno local do Partido Popular non se poñen de acordo, dende Galiza Nova de Tui, pensan que é o momento de “tomar cartas no asunto” e propoñer un emprazamento que cumpra cuns mínimos para a creación dun centro adaptado a sociedade actual.

 

Ler máis...
 
Segundo posto para o club Teixugos na VI Copa Galega de Promoción de Slalom
Tomiño
Mércores, 14 de Maio do 2008

Teixugos recibindo os premiosO Club Deportivo Miño -Teixugos consegue o 2º posto na segunda proba da VI Copa Galega de Promoción de Slalom celebrada en Pontevedra o pasado domingo. Dos doce palexeiros-teixugos que disputaron a proba, cinco deles alcanzaron subir o podium nas diferentes categorías.

 

Ler máis...
 
O concello de Tomiño pon un autobús gratuito para a manifestación do domingo 18 en Santiago “Polo dereito a vivirmos en Galego”
Tomiño
Mércores, 14 de Maio do 2008

O Concello de Tomiño porá un autobús de balde para as persoas que desexen participar na manifestación a prol da Lingua Galega, organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, o vindeiro domingo 18 de maio en Santiago de Compostela.

 

Ler máis...
 
Presentada a semana do libro e a lectura a celebrar en Tui entre o 18 e o 24 de maio
Cultura e espectáculos
Mércores, 14 de Maio do 2008

Momento da presentaciónOnte foi presentada a programación a desenvolver na cidade de Tui ao abeiro da celebración da Semana do Libro e Lectura, que organiza a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui e a coordinación da Asociacións Socio-pedagóxica Galega.

 

Ler máis...
 
Hoxe preséntase o libro “Xosé María Álvarez Blázquez e Tui”
Cultura e espectáculos
Mércores, 14 de Maio do 2008

Portada do libroHoxe ás 20,00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Museo Municipal (antigo Convento de San Domingos) o acto de presentación do libro editado polo Concello de Tui titulado “Xosé María Álvarez Blázquez e Tui: Da vella casa ao corazón aberto”.

 

Ler máis...
 
A asemblea comarcal da Cruz Vermella Baixo Miño realizará unha excursión cultural a Cambados coas asistentes ao taller de estimulación de memoria
Baixo Miño
Mércores, 14 de Maio do 2008

O vindeiro xoves 15 de maio as 32 persoas asistentes ao taller de memoria de Cruz Vermella Baixo Miño participarán nunha excursión cultural a Cambados cos obxectivos entre outros de mellorar a autonomía dos usuarios, evitar situacións de illamento, facilitarlles opcións de lecer, promover as relacións interpersoais e con todo, mellorar a súa calidade de vida.

 

Ler máis...
 
Adiante Comités!
Xabier Pérez Igrexas
Martes, 13 de Maio do 2008

Xabier P. Igrexas

O pasado sábado 10 de maio tivo lugar en A Coruña a Asemblea Nacional Constituinte da nova organización do estudantado galego. Co nacemento dos "Comités", como así se acordou denominar esta nova organización, cristalizase un proceso histórico de unificación das organizacións estudantís que operaban no ensino meio e na universidade.

 

Ler máis...
 
O BNG solicita á Alcaldía da Guarda a adhesión ao Manifesto da Mesa “Polo dereito a vivirmos en galego”
A Guarda
Martes, 13 de Maio do 2008

Por medio dun escrito, o portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, solicita ao goberno guardés a adhesión ao manifesto "Polo dereito a vivirmos en galego".

 

Ler máis...
 
Gran acollida da “I Ruta do Pincho A Guarda 08”
A Guarda
Martes, 13 de Maio do 2008
  • A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios 'ábaco' valora de rotundo éxito o primeiro fin de semana da ruta do petisco.

 I Ruta do Pestisco 

Foron moitos os establecementos acollidos a esta campaña, que o éxito colleulles de sorpresa, e xa o sábado esgotáronse as existencias para a confección do petisco e tiveron que inxeniálas para conseguir poder ofrecelo o domingo.

 

Ler máis...
 
Presentación da Semana do Libro e a Lectura a celebrar en Tui do 18 ao 24 de maio
Tui
Martes, 13 de Maio do 2008

Hoxe ás 12 do mediodía será presentada na Sala de Prensa da Área Panorámica, entrada pola parte posterior do edificio, a Semana do Libro e a Lectura que terá lugar na cidade do 18 ao 24 de maio.

 

Ler máis...
 
Erguete Baixo Miño remata o “Programa de axuda para deixar de fumar” e abre un novo prazo de inscrición
A Guarda
Martes, 13 de Maio do 2008

Participantes no programa de axuda para deixar de fumarDende Érguete Baixo Miño comunican que o “Programa de axuda para deixar de fumar” realizado por esta Asociación en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, dende o 29 de xaneiro ata o 6 de maio de 2.008 en A Guarda, rematou cun gran éxito, posto que un 50% dos participantes deixou satisfactoriamente de fumar.

 

Ler máis...
 
Novos actos do “Ano Xosé María Álvarez Blázquez”: os seus poemas ocupan espazos públicos en Tui e abre unha exposición biográfica
Cultura e espectáculos
Martes, 13 de Maio do 2008

Letras Galegas en TuiDentro das iniciativas promovidas polo Concello de Tui para a celebración do “Ano Xosé María Álvarez Blázquez” nos últimos días foron colocados por diversos lugares da cidade un total de nove poemas do autor tudense para achegar aos cidadáns de Tui e aos nosos visitantes a produción poética do autor homenaxeado neste ano no “Día das Letras Galegas”. Igualmente, no espazo anexo da Sala Municipal de Exposicións de Tui está aberta ao pública unha exposición biográfica sobre o autor tudense homenaxeado neste Día das Letras Galegas.

 

Ler máis...
 
Fórum de Creadores: unha corrente de talento no Miño transfronteirizo
Filminho
Martes, 13 de Maio do 2008

FilminhoDentro das actividades a desenvolver no Filminho, festa do audiovisual galego e portugués, encóntrase o Fórum de creadores: unha plataforma chamada a ser catalizadora do talento e da creatividade audiovisual na raia.

 

Ler máis...
 
Acigu deu comezo onte un Cruso de Prevención de Riscos Laborais
A Guarda
Martes, 13 de Maio do 2008
A Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU CCA) deu comezo onte un curso de Prevención de Riscos Laborais.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 27 de 33
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.