Continuando coa programación preparada pola Concellería de Cultura do Concello de Tui dentro das actividades do “Ano Xosé María Álvarez Blázquez” o mércores 7 de maio ás 20,00 horas do serán a Sala de Actos do Museo Municipal, no antigo convento de San Domingos, acollerá unha nova mesa redonda para analizar a traxectoria de Xosé María Álvarez Blázquez como historiador e arqueólogo e que contará coa participación de tres destacados especialista que tiveron amais relación persoal co intelectual tudense. Trátase de Fernando Acuña Castroviejo, Clodio González Pérez e Xoán Martínez “Tamuxe”.
O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, anunciou que o vindeiro martes, no marco da Mesa do Leite, será abordada a concreción dun contrato homologado para o sector lácteo que regule as transaccións entre produtores e industrias, e permita contar cun horizonte de estabilidade e equilibrar a estacionalidade de prezos.
A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, informa que o IGAPE, BIC Galicia e Xes Galicia, entidades que teñen como principais obxectivos fomentar a creación de novas empresas e promover a mellora da productividade das sociedades xa asentadas na Comunidade Autónoma Galega poñen en funcionamento unha Rede de Empresarios Mentores (Rede Mentoring).
Tui vai celebrar na fin de semana, o sábado 3 e o domingo 4, a XII Feira de Artesanía, una aposta consolidada pola promoción da artesanía galega nas súas diferentes facianas.
Os vindeiro fin de semana (sábado día 3 e o domingo 4 de maio) a Comisión de Festas de San Campio de Lonxe organiza unha competición de Tiro ó Prato no Campo de Tiro das Fonteiriñas (Figueiró), na modalidade de Percorrido de Caza.
O próximo venres día 2 de maio de 2008, terá lugar en Tui un acto de Galiza Nova do Baixo Miño baixo o título “Sindicalismo na Galiza”, este acto desenvolverase na sala Félix Rodríguez, situada na traseira da Area Panorámica en Tui.
A Biblioteca Municipal de Tui organiza para este venres, 2 de maio, unha sesión de contacontos, ao abeiro da súa programación do “Mes do libros”, que estará a cargo de Fran Insua que presenta o seu espectáculo: “Palabras e papeis”. Este contacontos está indicado para os rapaces menores de 10 anos de idade e comezará ás 18,30 horas da tarde nas dependencias da Biblioteca tudense.
O departamento de cultura do Concello da Guarda en colaboración coa Consellaría de Cultura, dentro do programa “Cinemas Dixitais, proxectará este venres 2 de maio ás 21:30 no Centro Cultural, o documental FRONTEIRAS, dirixido por Rubén Pardiñas.
Este espectáculo resume o melhor do repertório italiano, napolitano e internacional, onde GIOVANNI D’AMORE, acompanhado com arranjos originais do maestro e compositor STEFANO NANNI, interpreta, de uma forma muitíssimo especial, os temas que já ficaram na cabeça e coração do público em geral, rememorando os grandes sucessos de Caruso, Gigli, Di Stefano, Del Mônaco, não descorando a memória e o tributo ao saudoso Luciano Pavarotti, numa apresentação das mais belas canções napolitanas.
Auditório da Casa das Artes 3 de Maio (sábado), 22h00; €5,00