topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3441526

Alternativas visuais

js_element_orange
Novas da Guarda
Comeza a “I Ruta do Petisco A Guarda 08” PDF Imprimir Correo-e
A Guarda
Venres, 09 de Maio do 2008

Hoxe, a partir da 19h00 comezará a “I Ruta do Petisco A Guarda 08” organizada pola Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios 'ábaco'.

 

Ler máis...
 
César Pérez Ares, apoia as demandas dos pescadores guardeses PDF Imprimir Correo-e
A Guarda
Venres, 09 de Maio do 2008

O parlamentario do Partido Popular, César Pérez Ares, asistiu xunto co Grupo municipal desta formación do Concello de A Guarda a manifestación convocada polos empresarios do sector da pesca celebrada no día de onte ante a Consellería de Pesca.

 

Ler máis...
 
Números premiados da campaña “Acordate dela” de Acigu PDF Imprimir Correo-e
A Guarda
Xoves, 08 de Maio do 2008

A Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU CCA) realizou onte o sorteo da Campaña do Día da Nai “Acordate Dela”, totalmente gratuíta para os asociados, nesta colaboran a Federación Galega de Comercio, Consellería de Innovación e Industria e Caixanova.

 

Ler máis...
 
Acigu reclamalle ao concello que faga cumprir a Ordenanza Municipal Reguladora da Venda Ambulante PDF Imprimir Correo-e
A Guarda
Mércores, 07 de Maio do 2008

A Asociación de Comerciantes e Industriais da Guarda (Acigu) presentou onte no concello unha reclamación na cal solicita do goberno municipal que faga cumprir a Ordenanza Municipal Reguladora da Venda Ambulante.

 

Ler máis...
 
Presentación da 'I Ruta do Petisco A Guarda 08' PDF Imprimir Correo-e
A Guarda
Mércores, 07 de Maio do 2008

Momento da presentaciónA Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios 'ábaco' presidida por José Ángel Gándara, presentou no Centro Cultural da Guarda, a 'I Ruta do Petisco', coa asistencia do alcalde José M. Domínguez Freitas, concelleira de turismo, Montserrat Magallanes, así como representantes das entidades de colaboradoras nesta campaña: Caixanova e adegas As Laxas.

 

Ler máis...
 
'A república dos soños´, da guardesa Isabel Martínez, na programación dos Encontros de Viana PDF Imprimir Correo-e
A Guarda
Mércores, 07 de Maio do 2008

encontros de vianaA realizadora guardesa Isabel Martínez acometeu un proxecto documental de indudábel valor transfronteirizo a reflectir a circunstancia da existencia do Couto Mixto. Esta curtametraxe foi seleccionada nos Encontros de Viana e se presentadará o venres, día 9, ás 21h00.

 

Ler máis...
 
Campaña de apoio á hostelería e ó pequeno comercio “Venres gastronómicos” de ACIGU PDF Imprimir Correo-e
A Guarda
Martes, 06 de Maio do 2008

Carmen BragaA Presidenta da Asociación de Empresarios de A Guarda – ACIGU CCA, Carmen Mª García Braga, presentou onte un proxecto de apoio á hostelería e restauración e ó pequeno comercio guardés, cuxo obxectivo é a promoción hostaleira e comercial dos establecementos integrados en ACIGU CCA.

 

Ler máis...
 
Eliminación de barreiras, instalacion de obstáculos na Guarda PDF Imprimir Correo-e
A Guarda
Luns, 05 de Maio do 2008

Barreiras“Parece que por momentos se vai dar continuidade o cumprimento da Lei de Accesibilidade e se emprenden traballos para a eliminación de barreiras arquitectónicas, fanse os traballos a medias cunha pasividade e deixadez de quen ten que facer que as cousas funcionen ben” din os concelleiros de Terra Galega.

 

Ler máis...
 
II Poxa de arte Art-Dinner a beneficio de San Xerome Emiliani PDF Imprimir Correo-e
A Guarda
Luns, 05 de Maio do 2008

poxa de arteO Centro San Xerome Emiliani da Guarda organiza o próximo venres 9 de maio, ás 20:30 horas a II Poxa benéfica de arte galega “Art –Dinner” no decurso dunha cea que se celebrará na Quinta do Ramo, en Forcadela-Tomiño.

 

Ler máis...
 
Atractivo turístico? PDF Imprimir Correo-e
A Guarda
Luns, 05 de Maio do 2008

O MuroDespois de que a “bombo e platillo” nos anunciaran a presentación do Proxecto de Dinamización Turística de A Guarda”, estamos atopando unha serie de espacios que van a ser incluídos nas Rutas máis atraentes para os visitantes do noso pobo.

 

Ler máis...
 
Manifesto de NNXX da Guarda ante o día mundial da liberdade de prensa PDF Imprimir Correo-e
A Guarda
Luns, 05 de Maio do 2008

Desde a Declaración de Windhoek celebrada o 3 de maio de 1991 cando uns xornalistas africanos reuníronse para o fomento dunha prensa libre e pluralista en todo o mundo, conmemórase todos os anos neste día, O Día Mundial da Liberdade de Prensa. Novas Xeracións da Guarda quere contribuír a este camiño de apertura e liberdade de expresión manifestando que “unha prensa libre, pluralista e independente é un compoñente esencial para calquera sociedade democrática”.

 

Ler máis...
 
Acigu entregou agasallos da campaña do Día do Pai PDF Imprimir Correo-e
A Guarda
Xoves, 01 de Maio do 2008

Entrega de agasallosA Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU CCA), fixo entrega dos agasallos da campaña do día do pai ca que perseguen fomentar o comercio da localidade. A mesma consistiu na entrega de 100000 rifas entre os asociados.

 

Ler máis...
 
O BNG solicita que se cumpra o acordo plenario de empedrar o camiño de Brandián en Camposancos PDF Imprimir Correo-e
A Guarda
Luns, 28 de Abril do 2008
  • Xan Lois Lomba: “As obras de formigonado que se acaban de realizar poderían hipotecar o futuro empedrado do camiño”

 

Por medio dun escrito presentado no concello da Guarda o BNG insta ao grupo de goberno a executar o acordo plenario adoptado en setembro do 2003 polo que se debe empedrar o camiño de Brandián sito en Camposancos. Este camiño é transitado por moitos veciños como aceso peonil á praia e pola súa tipoloxía sería un itinerario ideal para pasear, andar en bicicleta, ... Todo isto se menoscabar o dereito dos veciños a ter un acceso digno para ás súas vivendas.

 

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 18 de 30
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.