topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3460358

Alternativas visuais

js_element_orange
Novas de Tomiño
Tomiño contará con rede de distribución de gas natural PDF Imprimir Correo-e
Tomiño
Mércores, 23 de Abril do 2008
  • Gas Galicia SDG S.A. será a empresa encargada de realizar a rede de distribución

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, resolveu outorgarlle a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa previa da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Tomiño.

 

Ler máis...
 
Tomiño adxudicou o servizo de recollida do lixo a Urbaser PDF Imprimir Correo-e
Tomiño
Mércores, 23 de Abril do 2008
O concello de Tomiño adxudicoulle a empresa Urbaser, S.A. A xestión do servizo público de recollida domiciliaria dos residuos sólidos urbanos e o seu transporte á planta de transferencia e a limpeza viaria por un importe de 328.716,23 euros anuais, segundo recolle o edicto publicado onte no Boletín Oficial da Provincia.
 
Novas Xeracións celebrou o seu I Congreso Local de Tomiño PDF Imprimir Correo-e
Tomiño
Martes, 22 de Abril do 2008

O pasado sábado celebrouse na sede local do PP de Tomiño unha Asamblea Xeral de afiliados de NN.XX desta localidade para acordar a celebración do I Congreso Local. Ao acto acudiu o presidente provincial de NNXX de Pontevedra, Javier Dorado,o secretario ejecutivo de organización, Fernando Domínguez, xunto con outros membros da Xunta Provincial. Na asamblea tamén estaban presentes membros da Xunta Local do PP de Tomiño.

 

Ler máis...
 
O PP de Tomiño apoia a posta en funcionamento da escola unitaria de Estás PDF Imprimir Correo-e
Tomiño
Sábado, 19 de Abril do 2008

O Grupo municipal do P.P. de Tomiño manifesta o seu apoio ás familias de Estás que con fillos/as en idade escolar demandan a reapertura da escola unitaria -que se atopa en dita parroquia- para o vindeiro curso 2008-2009.

 

Ler máis...
 
Vivenda asume o desenvolvemento do parque empresarial de Tomiño PDF Imprimir Correo-e
Tomiño
Xoves, 17 de Abril do 2008

Reunión coa conselleiraA Consellería e o Concello asinarán un convenio de colaboración para a mellora e humanización da Praza da Mina

O parque empresarial suporá a creación de 500.000 m2 de solo produtivo

 

A Consellería de Vivenda e Solo asume o desenvolvemento do Parque Empresarial de Tomiño, que suporá a creación de 500.000 metros cadrados de solo produtivo. Así llo confirmou a conselleira nacionalista, Teresa Táboas, á alcaldesa, Sandra González, nunha reunión celebrada o pasado martes.

 

Ler máis...
 
Boletín número 2 dos socialistas de Tomiño PDF Imprimir Correo-e
Tomiño
Xoves, 17 de Abril do 2008

A agrupación local dos socialista de Tomiño editou e está a repartir, o número 2 do seu novo boletín informativo, no cal dan informacións sobre xestións dos departamentos do goberno municipal que dirixen e sobre outras cuestións municipais e xerais.

 

Ler máis...
 
Lingua de amor 2008 PDF Imprimir Correo-e
Tomiño
Martes, 08 de Abril do 2008
Lingua de amorA OMIX de Tomiño informa que o Consello da Xuventude de Galicia (CXG), a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, puxo en marcha a IIª edición de Lingua de Amor, o concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico.
Ler máis...
 
Medio Ambiente considera que o Complexo Deportivo, Turístico e Residencial 'Coto Pinzás' non garante o cumprimento de criterios de sustentabilidade PDF Imprimir Correo-e
Tomiño
Xoves, 20 de Setembro do 2007
coto pinzásA Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible ben de rexeitar a Modificación Puntual nº 3 do PXOM de Tomiño, coa que se pretendia levar a cabo o Complexo Deportivo, Turístico e Residencial 'Coto Pinzás' por non garantizar o cumprimento dos criterios de sustentabilidade e que fora aprobada inicialmente polo anterior goberno municipal do Partido Popular.
Ler máis...
 
O BNG valora positivamente o rexeitamento de Medio Ambiente ao Complexo Residencial de Pinzás PDF Imprimir Correo-e
Tomiño
Xoves, 20 de Setembro do 2007
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) amosa a súa satisfacción ca memoria ambiental emitida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible "que ben a corroborar os informes desfavorables emitidos no seu día pola Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais e pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural" sobre o Complexo Residencial e Deportivo “Coto Pinzás”, que pretendia utilizar monte comunal para desenvolver un proxecto urbanístico.
Ler máis...
 
CdT pon condicións para apoiar o proxecto “Coto Pinzás” PDF Imprimir Correo-e
Tomiño
Domingo, 06 de Maio do 2007

CdT non apoiará os campos de golf de Pinzás se non se garante a auga e a viabilidad do proxecto deportivo

Esta é unha das conclusións ás que se chegou tralas reunións mantidas polos promotores e CdT no marco dunha serie de conversacións que se están realizando cos distintos Grupos Políticos con representación no Concello de Tomiño.

Ler máis...
 
O proxecto “Coto Pinzás”, unha visión dende representantes das comunidades de montes PDF Imprimir Correo-e
Tomiño
Domingo, 29 de Abril do 2007

Para a Organización Galega de Comunidades de Montes o proxecto “Coto Pinzás” desprecia as funcións sociais e medioambientais do monte comunal

  • Xosé Alfredo Pereira: “O proxecto Coto Pinzás é un exemplo claro de como intereses económicos e especulativos, queren facerse con este tipo de titularidade veciñal”

Reproducimos integramente a posición sobre o proxecto "coto Pinzás" da OGACCM

O proxecto denominado Coto Pinzás, que a empresa Raminosa, quer montar en perto de 200 Has de monte veciñal en mán común da parroquia de Pinzás (Tomiño), é un exemplo claro de como intereses económicos e especulativos, queren facerse con este tipo de titularidade veciñal, conceptuando e estes como chán barato, para facer os negocios. Para elo argumentan (e un decir) a ¿¿improductividade?? do monte veciñal e desprecian as funcións sociais e medioambientais que cumplen estas terras e das que son beneficiadas toda a sociedade.

Ler máis...
 
ANABAM contraria ao proxecto “Coto Pinzás” PDF Imprimir Correo-e
Tomiño
Luns, 23 de Abril do 2007

ANABAM considera que o macroproxecto do “Coto Pinzás” ten unha clara finalidade especulativa

A Asociación Naturalista do Baixo Miño, ANABAM, mostrase contraria a destrucción do humedal de Pinzás, que como xa adiantamos , ten solicitado en varias ocasións a súa inclusión na Rede Natura 2000 e no listado de humedais galegos. Asi mesmo considera que o macroproxecto do Complexo Deportivo, Turístico e Residencia “Coto Pinzás” ten unha clara finalidade especulativa, barnizada con pinceladas de beneficios para os veciños de Pinzás, a costa de destruir o patrimonio natural da comarca. De seguido reproducimos o posicionamento de ANABAM.

Ler máis...
 
Proxecto “Coto Pinzás”, o que din os partidos políticos PDF Imprimir Correo-e
Tomiño
Domingo, 22 de Abril do 2007

Posición dos partidos políticos, salvo o PP que non se pronunciou, sobre o proxecto “Coto Pinzás

 coto pinzás

Como adiantaramos o pasado sábado, publicamos o posicionamento dos diferentes partidos políticos que se presentan ás eleccións municipais do vindeiro 27 de maio, salvo o PP que non nos enviou resposta, sobre o Complexo Deportivo, Turístico e Residencial “Coto Pinzás”. Éstes publicamolos en documentos .pdf tal cual nos foron remitidos e como veredes, algúns utilizaron un formato propio para respostar as preguntas que lles formulamos.

Para poder descargalos, podedes acceder dende AQUI.

 
Os efectos sobre as captacións de auga do proxecto “Coto Pinzás”. A opinión dun biólogo PDF Imprimir Correo-e
Tomiño
Venres, 20 de Abril do 2007

Río CereixoOs dous campos de golf de Pinzás poderían por en perigo as captacións de auga de varias parroquias de Tomiño

Carlos Villanueva
Biologo 

A implantación de dous campos de golf en Pinzás podería por en perigo as captacións de auga de varias parroquias de Tomiño, ademáis de que prolongaría as secas estivais e faría máis perigosas as crecidas do río Cereixo, segundo Carlos Villanueva, licenciado en Bioloxía.

Ler máis...
 
Adianto das posición dos partidos políticos de Tomiño sobre o proxecto “Coto Pinzás” PDF Imprimir Correo-e
Tomiño
Venres, 20 de Abril do 2007

 Tódolos partidos que concorren ás eleccións en Tomiño se posicionan sobre o proxecto “Coto Pinzás”, excepto o PP

Despois da publicación por parte de InfoRosal.com do informe sobre o Complexo Deportivo, Turístico e Residencial “Coto Pinzás” a pasada semana, enviamos a todos os grupos políticos con representación no concello BNG, PSOE, CdT e PP, así como ás candidaturas independentes que se presentan ás eleccións municipais e que non teñen neste momento representación, Unión Veciñal e Alternativa Tomiñesa, un cuestionario de preguntas para que se posicionaran sobre este proxecto, que a día de hoxe, todos nos contestaron, salvo o PP.

Ler máis...
 
Complexo Deportivo, Turístico e Residencial 'Coto Pinzás'. O monte comunal en perigo (II) PDF Imprimir Correo-e
Tomiño
Xoves, 12 de Abril do 2007

Complexo “Coto Pinzás”: Campos de golf, alto consumo de auga, contaminación das augas subterráneas e impacto social

Fotomontaxe presentado no proxecto
Fotomontaxe presentado aos comuneiros

(II) Valores medio ambientais e ecolóxicos. Consumo de auga. Contaminación. Patrimonio arqueolóxico. Impacto social

  • Só os dous campos de Golf consumirían 1,6 millóns de litros de auga diarios.
  • O incremento da poboación podería supor un medre do 1.987%

Neste segundo e útlimo artigo sobre o proxecto de construcción dun complexo deportivo, turístico e residencial no monte comunal de Pinzás, centrarémonos nos aspectos que teñen a ver cos valores medio ambientais e ecolóxicos da zona e no consumo de auga que conlevaría a mantemento dos campos de golf, a contaminación con fertilizantes e pesticidas así como nos posibles efectos sobre o patrimonio arqueolóxico existente na zona e o impacto social que suporía o medre irracional da poboación coa creación da zona residencial.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>

Resultados 22 - 38 de 38
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.