Xabier Pérez Igrexas (Vigo, 07/08/1984) é articulista de opinión en diferentes medios de comunicación. Forma parte de Galiza Nova, a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego e pertence a diversos colectivos sociais. Foi secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes e membro da Dirección Nacional de Galiza Nova. Foi, así mesmo, membro do Consello Escolar de Galiza e representou aos CAE no Consello da Xuventude de Galiza. Formou parte de diferentes foros e plataformas políticas e cívicas: Plataforma Antitaurina de Vigo, Foro Galego de Solidariedade coa Revolución Cubana, Plataforma Cidadá Nunca Máis, Instituto Galego de Estudos Veciñais… Participou activamente do movemento veciñal da súa cidade, Vigo, desde 1998, sendo Vicepresidente da A.V. Val do Fragoso até o 2007.Na actualidade é membro da Dirección Comarcal de Galiza Nova de Vigo. Tamén o atopas no seu blog |