|
Nesta sección publicaremos artigos de opinión dos diferentes colaboradores e colaboradoras. InfoRosal limítase a publicar os artigos remitidos polos autores e autoras aqui relacionados e non ten por que compartir o contido, total ou parcialmente, que os mesmos expresen.
|
|
|
-
Marta Dacosta
( 11 elementos )
Marta Dacosta Alonso, licenciada en filoloxía galego-portuguesa, é poeta e exerce como docente en Ensino Medio. Na actualidade é liberada sindical na Confederación Intersindical Galega (CIG) e forma parte da Directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Desde 2003 colabora como columnista co semanario A Nosa Terra.
-
Xabier P. Davila
( 33 elementos )
Xabier P. Dávila é Mestre e Licenciado en Económicas. Foi cofundador do Comité Anti-OTAN do Baixo Miño -xunto con outro dos colaboradores de InfoRosal, Moncho Leal-. Sindicalista. Actualmente exerce como profesor nun Instituto de Chapela - Redondela.
-
Marga do Val
( 1 elementos )
Marga do Val é Licenciada en Filoloxía Hispánica, Galego- Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galegas. Exerceu a docencia como Lectora de Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Tréveris (1995-2000) e impartiu aulas na Universidade de Colonia. É Vicepresidenta da Asociación Galego Alemana. Como crítica literaria e articulista colabora en diferentes medios de prensa: GRIAL, A Festa da Palabra Silenciada, Galicien- Magazim, A Nosa Terra, etc.
-
Àngelo Gonçalves
( 12 elementos )
Ângelo Gonçalves é licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago e Asesor da Fundación Vía Galego.
-
Rudesindo Soutelo
( 6 elementos )
Rudesindo Soutelo (Tui 1952) é compositor e editor de música. Fundou em 1972 as Juventudes Musicais de Vigo e em 1980 a editora de música Arte Tripharia onde está a publicar o Corpus Musicum Gallaeciae.
-
Isaac Bigio
( 46 elementos )
Isaac Bigio é Analista internacional
-
Moncho F. Leal
( 49 elementos )
Moncho Fernández Leal é colaborador habitual do semanario A Nosa Terra, os artigos aqui publicados son precisamente os deste semanario. Colaborou e traballou en diversas Asociacións de Solidariedade Internacional, como a Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil", e tamén nos campos de traballo internacional da Nicaragua Sandinista.
-
Gustavo Luca
( 29 elementos )
Gustavo Luca é un dos periodistas de investigación galegos máis prestixiosos. É colaborador habitual do semanario A Nosa Terra, do que foi redactor. Os artigos aqui publicados son dese mesmo semanario.
-
Ánxela F. Callís
( 2 elementos )
-
Xabier Pérez Igrexas
( 13 elementos )
Xabier Pérez Igrexas (Vigo, 07/08/1984) é articulista de opinión en diferentes medios de comunicación. Forma parte de Galiza Nova, a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego e pertence a diversos colectivos sociais. Foi secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes e membro da Dirección Nacional de Galiza Nova. Foi, así mesmo, membro do Consello Escolar de Galiza e representou aos CAE no Consello da Xuventude de Galiza. Formou parte de diferentes foros e plataformas políticas e cívicas: Plataforma Antitaurina de Vigo, Foro Galego de Solidariedade coa Revolución Cubana, Plataforma Cidadá Nunca Máis, Instituto Galego de Estudos Veciñais… Participou activamente do movemento veciñal da súa cidade, Vigo, desde 1998, sendo Vicepresidente da A.V. Val do Fragoso até o 2007.Na actualidade é membro da Dirección Comarcal de Galiza Nova de Vigo. Tamén o atopas no seu blog
-
Silvio Falcón
( 5 elementos )
Silvio Falcón é estudante de Ciencias Políticas e da Administración, na Universidade de Barcelona. Dirixe o programa de radio en galego Barcelona Atlàntica, en Ràdio Trinitat Vella. Foi finalista do X Premio de Redacción Breve da Peña Literària Joan Santamaria, co texto La Realitat. É tamén membro colaborador do Foro Cívico Galego de Barcelona. Colabora con artigos de opinión noutros xornais dixitais.
|