topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3473924

Alternativas visuais

js_element_orange
Zona tribal PDF Imprimir Correo-e
Luns, 27 de Febreiro do 2006

ImageZona tribal

Gustavo Luca

Area tribal? Que terá un área tribal para que a bombardeen e maten nenos nos seus berces? Meten medo os mapas de guerra que reproducen coas lendas de zona tribal ou aldeas tribais, na extrema do Paquistán oriental co Afghanistán, a altura de Pesawhar. Tribo é o termo que lle queda ao governo de Bush para designar á resistencia dos paquistaníes contra as bases e a intervención militar norteamericana. O que non poden asumir é que a esas tribos armáronas eles e os británicos en tempos de Reagan contra Afganistán e déronlle o nome de loitadores pola liberdade. O traballo do M16 para instruir este exército fora a intervención internacional de maior calado dos ingleses despois do seu enorme traballo de sabotaxe no Vietnam, como preparación da intervención norteamericana.

Por que non lles dan nome de terroristas, agora que están organizados pola cartilla do mal? O actual governo Musharraf é o aliado/odiado de Bush. Non ten outra carta de popularidade que prometer aos norteamericanos que combatirá a ferro e fouce aos guerrilleiros que os propios norteamericanos e o M16 armaron e facer todo o contrario. Os grupos que a CIA define como terroristas no Paquistán cambian de nome, de local e de bandeira dunha semana para outra. Washington promete unha guerra sen panos quentes contra a delincuencia armada pero non pode acabar cos muiaidin. O que agora chaman áreas tribais teñen por ocupación principal o transporte de heroina dende a fronteira con Afghanistán e este comercio paga a guerra.

A resposta norteamerican ten dous medios. O primeiro é facerlle a vida imposibel á importante colonia paquistaní nos Estados Unidos, con restriccións de entrada e de comunicación o que transforma o odio contra o exército de intervención nun acordo universal.

O segundo é o avión Predator, unha das máis delicadas aportacións da industria de guerra de Ariel Sharon á paz no mundo. Voa sen bandeira e sen piloto, cargado de metralla. Os bombardeados saben quen o manda pero non poden responsabilizar ao colaboracionista Musharraf que pon cara de indignado. Facerlle a guerra por correspondencia é a solución que lle queda ao exército norteamericano para loitar contra un adversario do que non pode prescindir.

Nin sequera pode darlle nome e chámano por iso área tribal. Aos romanos as tribos valíanlle para delimitar onde habia que cobrar impostos.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.