topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3609489

Alternativas visuais

js_element_orange
DESERTOS PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 de Abril do 2006

ImageDesertos

Moncho Fernández Leal

A ONU ten por costume pór nome aos anos, xustificando a súa existencia por obxectivos de interese xeral, agochando a súa inoperancia pola súa conformación fundacional. Este ano é o da desertificación.

A degradación de terras por actividades humanas e variacións climáticas alcanza xa a unha terceira parte delas. Hai na actualidade 250 millóns de persoas afectadas de xeito directo. As causas son as tan denunciadas de pobreza, cortas, sobrepastoreo e irrigación.

Tense dito que as guerras serán pola auga máis que polo petróleo. Xa son. En Iraq ten moito que ver coa invasión que existan dous ríos, o Tigris e o Eúfrates. En Palestina, Israel ocupa as terras segundo a existencia de auga. Tamén empezan xa a falar de envío de tropas para combater o terrorismo na triple fronteira entre Arxentina, Brasil e Paraguai, onde está o importante sistema acuífero guaraní. O mapa das bases militares de EE.UU. no mundo é o mapa das reservas de auga. 

Para acceder a auga o sistema está a utilizar cando non as invasións, as privatizacións. É a propia ONU a que fala que a cada máis xente terá menos acceso á auga. No 2025 haberá o 57% máis de demanda que de oferta. O Banco Mundial tamén fala da terra coma dunha cuestión de mercado, apartando toda cuestión social. 

Neste mundo no que cada día morren 30.000 persoas por falta de auga ou de servizos sanitarios, onde defender a terra que produce é algo estratéxico, hai tamén xente que se organiza e moviliza tamén en todo o planeta. Son loitas cómplices. Ás veces temos que asistir abraiados a choques da realidade. En Andalucía cando se lembra a Blas Infante, que é símbolo da loita pola reforma agraria, é agasallada polo goberno a duquesa de Alba, terratenente  franquista subvencionada por unha terras que non producen, mentras sofren agresión da policía quen reclama a terra para quen a traballa.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.