topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3473405

Alternativas visuais

js_element_orange
CONTROL PDF Imprimir Correo-e
Martes, 02 de Agosto do 2005
ImageCONTROL

Moncho Fernández Leal

A decisión dos ministros do interior da Unión Europea despois dos atentados de Londres de controlar os correos electrónicos e os teléfonos móviles ten que facer reflexionar.

Logo dos ataques do 11-S , vai xa para catro anos, sucedéronse as invasións e bombardeos de Iraq e Afganistán. As xustificacións xa están esquecidas. En Afganistán atacaban para atopar a Ben Laden. En Iraq para buscar unhas armas que non existen. O conto é que seguen a estar nos dous países, onde impuxeron un cambeo de goberno.

Sería a mesma a reacción dunha parte importante da sociedade se non se produciran os ataques ás torres? En todo caso, que influencia ten nas poboacións expoliadas do chamado terceiro mundo os ataques ás metrópolis occidentais? A quen benefician?

Nun momento no que se cuestionaba as relacións norte-sur, cando se escoitaban voces non oficiais denunciando a montaxe da condonación da débeda externa e o papel do Fondo Monetario Internacional no cumio do G-8, as bombas de Londres calan calquera resposta. O centro da información pasa a ser outro.

O sistema precisa controlar todos os movementos, toda a información para que o cerne quede a salvo. O control dos recursos básicos e a propiedade privada dos medios de producción son intocábeis. Para que defendan a idea de Deus, precisan ao Demo. Bush xa falou do imperio do Ben contra o Mal.

A invocación de que se loitaba contra o terrorismo deu pé, só no estado español, ao peche de periódicos, dunha revista, dunha radio, a ilegalización dun grupo, a detencións por pensar distinto e a criminalización de ideas.

Non se sabe moi ben cal é o obxectivo político das bombas, pero si se percibe ben quen sae beneficiado. Quen controla ao estado que vai pinchar teléfonos, ler correos, entrar na intimidade?
 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.