topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3473909

Alternativas visuais

js_element_orange
Que se espante o capital PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 de Maio do 2006

ImageQue se espante o capital

Gustavo Luca

O menos que fai un boliviano cando lle anuncian unha chegada de capital é termar pola carteira porque todas as visitas de emprendedores foron para roubalos ou explotalos.

Os empresarios británicos decidiron que o mar dos bolivianos estaría mellor nas mans dos chilenos e houberon de roubarlles a beira do Pacífico en Atacama, nun episodio que moitos pensan que foi unha invención de García Márquez. Entre os anos 30 do século XIX e os 40 do XX os investimentos dirixidos dende o Banco de Inglaterra acabaron tallando o mapa de Bolivia onde había algo que roubar. Primeiro foi pola costa e despois polo Chaco, no sueste. O prezo dos minerais bolivianos aínda se rexe polos prezos de Londres.

Cando o mellor que lle saben recomendar os europeos a Evo Morales é que se modere para non espantar os capitais, habería que rectificar en nome da experiencia e da historia porque os que deben moderarse son intereses capitalistas para non espantaren aos bolivianos. Dá medo que se escinda a provincia rica? Non tanto coma actual división do país, inventada para manter en estado de sitio á maioría da poboación. 

A fórmula de oferecerlle o pescozo ao lobo para darlle confianza sempre deu como resultado un homicidio. En 1974, o franquista Hugo Bánzer proclamou que o máis intelixente para recuperar Atacama e camiñar pola avenida da properidade era abrirlle os brazos ao governo de Pinochet (aos norteamericanos, para o caso) pero o que resultou foi unha nova rapa do magro peto do país. Dinque o consello foi de Fraga, o seu grande amigo, que lle había facer un náutico no Titicaca (á familia do gorila: hai que manter as formas) cos fondos de cooperación da Xunta.

É moito pedir que os que cobizan o petróleo e gas traten ao governo de Bolivia como socio e non coma colonia colonia? Non está o trato igual en todas as constitucións europeas e nas Leis da UE? Os estados de Dereito coidan excesivo que Morales esixa que non se criminalicen as loitas sociais e sindicais.

O mesmo embaixador que recomendaba non votar por Evo corre agora ao pazo presidencial cun Tratado de Libre Comercio na man. Coma o que arruinou México?, pergunta o MAS. De arrebato, todos os acordos son posíbeis cos veciños, á sombra de Bolívar.

Que se espante o capital, que era ben hora.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.