topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3610355

Alternativas visuais

js_element_orange
MEMORIA DE ABRIL PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 de Maio do 2006

ImageMemoria de abril

Moncho Fernández Leal

Neste ano conmemórase en todo o estado o 75 aniversario da proclamación da II República. No noso país, nunha decisión histórica, a administración o proclama Ano da Memoria, conmemorando o sufrimento que veu despois do golpe militar de 1936.

As vítimas da ditadura franquista somos toda a poboación. Pero hai historias individuais e colectivas de represión, situacións de terror que debemos lembrar para telas sempre presente e porque a dignidade obriga a recoñecer a loita das mulleres e homes que sufriron paseo, cadea, tortura, marxinación. Vítimas do pior dos terrorismos, o de estado, que xamais tiveron recoñecemento oficial na administración española. Cantas persoas viviron coa existencia e as ideas na clandestinidade? É preciso lembrar. En abril de 1937 Guernica foi bombardeada pola aviación nazi, convertíndose no símbolo da barbarie, continuada hoxe en Iraq.

No mundo, un 25 de abril de 1974, Portugal viviu unha primavera que seguía ao inverno de Salazar e Caetano. En abril do 2002 o mundo asistiu á rebelión das chabolas contra o golpe de estado en Venezuela, que salvou a vida do seu presidente Hugo Chávez e do proceso bolivariano.

En abril de 1961 foi derrotada a invasión de Praia Girón en Cuba e proclamouse o carácter socialista da Revolución.

Tamén neste mes xuntamonos organizacións de todo o estado nas Illas Canarias nos encontros de solidariedade con Cuba. Alí lembramos aos cinco compañeiros cubanos que están prisioneiros en EE.UU., por loitar contra o terrorismo. Do mesmo xeito, conmemoramos a participación cubana nas Brigadas Internacionais que loitaron pola República. Lembrar para continuar, loitar para seguir vivindo, imaxinando outro mundo, conspirando as xentes para que as cousas teñan sentido, para que tanto traballo, tanto medo, leve a outro futuro. Republicano, naturalmente .

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.