|
Peru: Os triunfos de Garcia e Humala
Isaac Bigio Pouco antes que se revelasen os primeiros resultados oficiais Ollanta Humala deu un discurso onde saudaba a ‘gran vitória política e social’ que o seu movimento conseguira.El non reclamou ter gañado as eleizóns, pois sabia que iso non era tal, pero quixo adiantarse plantexandolle á nazón que, pasase o que pasase, a súa corrente lograra mudar o mapa político ao ter feito que unha forza nacionalista e anti-TLC se convertese na primeira forza no parlamento e que nestas eleizóns gañase na maioría dos departamentos.
García entón saiu a reclamar que as cifras oficiais lle adxudicaban o triunfo.O 28 de Xullo el voltará á presidéncia (carrego que ocupou en 1985-90) e plantexou un discurso conciliador suxerindo un goberno de unidade nacional (e un posíbel co-goberno con Humala) onde ao único que atacou é ao presidente venezolano a quen acusa de ‘imperialista'. Os candidatos arroganse triunfos.Un por ter voltado a pazo e o outro por ter constituído case da nada un movimento tan masivo que poderia ir aprisionando e rebalsando ao novo goberno. Xiro históricoAs eleizóns peruanas marcaron un importante xiro tanto na história do país como no contexto rexional.Desde que en 1990 se estabeleceu en Perú o modelo monetarista esta é a primeira vez na cual os candidatos pro libre mercado ficaron descartados da posibilidade de elección, o mesmo que abrirá un proceso de reformas sociais que implicarán un xiro no sistema.A nível continental acentuouse o xiro cara a centroizquierda pero coa novidade que o Perú buscará converterse na ponta de lanza dunha contraofensiva da socialdemocracia contra o avance do ‘evochavismo'. O 9 de Abril o socialdemócrata Alan García entrou á segunda volta peruana obtendo o 20.4% dos votos emitidos, a pior porcentaxe que el quitase nas 4 eleizóns nas que foi candidato. Sen embargo, o 4 de xuño el gaña a segunda volta coa maior votación que o seu Partido Aprista quitase nos seus 62 anos de história.García volta á presidéncia (a mesma que ocupou en 1985-1990) cun 50% dos votos emitidos fronte ao 42% do nacionalista Ollanta Humala e ao 8% dos votos nulos-brancos. O Partido Aprista, o máis antigo e único realmente estructurado no Perú, iniciará o seu segundo mandato (o anterior foi en 1985-90) coa novidade que, tras ter sido fundado en 1924, logra por primeira vez traspasar o 50% dos votos validos e tamén ter sido votado pola direita. Este é o primeiro proceso electoral latinoamericano no Século XXI no cual: 1) se decide entre dous centroizquierdistas; 2) o que gaña a primeira volta non gaña a presidéncia; 3) a socialdemocracia recebe o voto de toda a direita. Semellanzas e diferencias Desde o ponto de vista programático as diferenzas entre García e Humala non son moi extensas.Ambos falan de se centrar en combatir a pobreza, en erradicar a fame e o analfabetismo, en prover auga potábel para os marxinados, en restituir direitos laborais e acabar cos servis, en formentar reformas sociais e unha maior descentralización do país, e en retornar á constituizón de 1979 que Fujimori eliminou. As diferenzas radican en que García é mais ligado á direita económica e política e aceita ir a un Tratado de Libre Comércio con EEUU asi como en matérias de direitos humanos e anticorrupción.Humala ten gañado a total inimizade da clase política e empresarial, opónse a asinar o TLC, plantea unha maior participación do Estado e do empresariado nacional nos recursos naturais e pede unha maior moralización e a vixéncia das recomendacións da Comision pola Verdade e a Reconciliación, quen investigou os abusos na guerra interna entre o Estado e a subversión. En política externa, mentres Humala plantexaba facer que o Perú se una ao eixo Venezuela-Bolivia con Brasil-Argentina para facer un bloco sudamericano que faga contrapeso ao TLC, García plantea isolar ao chavismo e marchar non só coa dupla Lula-Kirchner se non tamén coa Colombia uribista e Chile. Polarizacións Unha importante fenda que meia entre ambas son as suas respectivas bases sociais.Todos falan dun pais dividido.Mentres Lima e o seu entorno (bastión da direita) e o costa norte (bastión histórico do aprismo) apoiaron a García, a serra, a selva e o sul repaldaron a Humala.Esta diferenza xeográfica está ligada a unha cuestión social.As áreas que votaron por Humala tenden a ser máis marxinadas e pobres. No Perú xa se fala de dous paises.Mentres Flores fala do Perú moderno ante o Perú marxinado, García contrasta ás rexións mais exportadoras coas que o Estado lles deu menos. Algo interesante nesta segunda rolda foi que o voto nulo-branco se reduciu á metade.Isto, pese a que sectores da esquerda (como o Partido Socialista ou a Concertación) e grupos antialanistas da direita chamaron a non votar por ninguén. A unánime ofensiva da prensa contra Humala xenerou un sentimento de identificación cara a sua persoa por parte dos excluídos.Asi Humala foi apoiado polos sectores máis pobres e ligados á serra tradiciónalmente relegada. Esta polarización pode que se acentúe.Humala propuxo un Fronte Nacionalista Popular que una a toda a esquerda cos rexionalistas e nacionalistas para loitar contra todos os neo-liberais.Isto poria ao APRA nunha dificil situación pois se materializase a fronte antichavista estructurando unha alianza formal partidária coa direita poderia perder a sua imaxe izquierdizante e grande parte do seu electorado.De outro lado, debe facer o posíbel para que o humalismo non gañe as rexionais. Presións Tanto García como Humala se atopan ante distintas presións. Lourdes Flores, a líder direitista que escasamente non pudo entrar á segunda volta, lle lembrou a García que el voltou a pazo pero con votos emprestados.Con iso ela estalle a pedir que continue co modelo monetarista que rexe ao Perú desde 1990. Humala, pola súa banda, creese o grande vencedor. Se gañase a presidéncia sabe que non teria partido e tería ao parlamento e os meios na súa contra.Hoxe, sente que o 42% obtido non é un voto emprestado pois o obtivo sen alianzas e radicalizando a súa mensaxe.Agora el chama a unir á esquerda, aos movimentos rexionais e a empresarios nacionalistas para facer un fronte que poderia gañar a maioria das rexións nas eleizóns locais de agora a 4 meses. El agora poderá ir fortalecendo e depurando ao seu movimento para ir presionando ao goberno. García atopase ante un cenário dificil.Gañou con votos presionando e baixo a presión dun movimento que, en vez de buscar ‘moderarse', se fortaleceu ao izquierdizarse. A nível do congreso a UPP de Humala ten 45 dos 120 parlamentários, o APRA 36, a Unidade Nacional 17, a Alianza Fujimorista 13, o Fronte do Centro 5, PP do ex presidente Toledo 2 e a evangelista RN 2.Antes de se instalar o novo congreso xa se escindiron a UN e o FC. Se García quixese facer un acordo coas forzas a súa direita poderia aliarse ao fujimorismo, quen tanto lle perseguiu e con quen poderia desacreditarse dado o avance do nacionalismo.Unha alianza cos divididos UN e FC, RN e PP darialle 61 dos 120 curuis, pero iso seria algo inestábel e dificil de manter. Para García o ideal seria ir cara un goberno de unidade nacional con Humala co que poderia cobrir o seu flanco izquierdo e impedir que o seu contrincante medre na oposición. Sen embargo, iso hoxe non é o mais factíbel debido á inercia da segunda volta e á proximidade das eleizóns locais. Se García se alia á direita (tal como esta quixese) Perú poderia ter a primeira coalición socialdemócrata-socialcristiana da súa história, pero esta seria moi fráxil e sen maioria congresal.García poderia tentar navegar entre direita e esquerda cun gabinete de expertos mentres trata de facer reformas sociais. Posibles cenarios Unha novidade é que todas as forzas pro-libre mercado apoiaron a García, a quen estas consideran responsábel de ter logrado a fins dos oitentas a pior crise económica e o maior avance subversivo na história nacional. O apoio a García é un contrapeso ante o avance do nacionalismo e da expansión evochavista.Tal como o recoñece Aldo Mariátegui, director de Correo de Lima, el foi o único que pudo ter detido a Humala e quen ten nun aparello capaz de lle facer fronte.Flores, en troco, puido ter perdido a segunda rolda e non ter durado moito no poder. O cenário peruano guarda certas similitudes como cando Fujimori en 1990 gañou a presidéncia.Ao igual que García gañou con votos emprestados (pero non da direita se non do APRA e a esquerda) e baixo a presión do programa de quen lle gañou na primeira rolda.Mentres Fujimori acabou aplicando un shock máis duro que o proclamado polo seu rival Vargas Llosa, García está tentado a aplicar medidas sociais que deteñan a medra de Humala. Se en 1990 o cenario internacional era dominado pola vitória de EEUU na guerra fria e o concenso de Washington, a do 2006 centrase no declive anglo-americano e o ascenso do nacionalismo anti-EEUU en América Latina e o meio Oriente. García deberá marchar baixo a presión dos humalistas. El podería buscar conciliar con eles e até facer un cogoberno APRA-UPP.Tamén podería verse obrigado a gobernar con man dura e en alianza coas FFAA e a direita para confrontar a un proceso ascenso radical.Mais, polo momento a sua opción podería ser un gabinete de notabeis de equilibrio entre distintas forzas. O ascenso do humalismo poderia devir en ondas de presións sociais asi como nunha eventual nova intentona putchista, como a que Antauro Humala encabezou en Andahuaylas 2005. Isaac Bigio é Analista Internacional - www.bigio.org
(*) Isaac Bigio é un dos colunistas peruanos e latinos mais lidos. Aprendeu ciéncias políticas na London School of Economics & Political Sciences. |