topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3473164

Alternativas visuais

js_element_orange
OPINIÓN PÚBLICA PDF Imprimir Correo-e
Martes, 27 de Xuño do 2006

ImageOpinión Pública

Moncho Fernández Leal

O coñecemento dos diversos países e culturas entre pobos é deficitario en todo o planeta. Ben é certo que a economía obriga a ter relacións uns con outras, pero nas viaxes oficiais hai case sempre empresarios unicamente. Fálase máis nada que de comercio.

O sistema responde ás importantes mudanzas que o continente americano está vivir creando unha fenda que vai medrando entre o que alí pasa e a opinión que podemos ter por esta beira.

Só en Europa nas últimas semanas diversos xornais, con verniz progresista, recolleron opinións belixerantes cos procesos que, de xeito orixinal, están pasando en América. Emma Bonino escribía que en Venezuela non existen institucións democráticas. O neo conservador Pipes compara a Allende con Hitler!. Vargas Llosa chámalle racista a Evo Morales. Hugo Chávez é alcumado de antisemita. L'Espresso fixo un especial sobre América Latina, onde se insultaba ao presidente venezuelano, asinado por Moisés Naim, que foi ministro daquel país cando entrou en picado. El País publicou dúas reportaxes demoledoras sobre Venezuela, escritos por Norman Gall, que foi consultor da petroleira Exxon, que operaba no país de Bolívar, e do Banco Mundial nos anos 80, os da ofensiva económica liberal e está relacionado de xeito orgánico coa oposición burguesa venezuelana. Por certo os artigos foran xa publicados nun xornal dereitista brasileiro meses antes.

A apropiación de medios de comunicación de grande tiraxe ou audiencia por grupos neoliberais ou con intereses económicos nos países americanos prostitue a mensaxe, que pasa de ser periodismo a propaganda. Ben faría a opinión pública da vella Europa en escoitar as voces da antiga América, sen intermediarios financieiros.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.