topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3473171

Alternativas visuais

js_element_orange
OS PODERES PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 de Xullo do 2006

ImageOs Poderes

Moncho Fernández Leal

Moitos foron os intentos ao longo dos tempos da esquerda e dos movementos de liberación de acadar o poder. Ningunha das derrotas sufridas doe tanto como cando a imposibilidade de entenderse entre iguais leva ao enfrontamento visceral. As enerxías que perdemos cando pelexamos entre quen quere facer o mesmo camiño non son renovabeis.

Que acontece no Timor Lorosae, ese país que loitou e suscitou  a solidariedade internacionalista diante dunha ocupación na que o estado indonesio asasinou a unha terceira parte da poboación? Estes días asistimos, con desesperación, ás novas que falan de enfrontamentos armados entre irmáns.

Como podemos vivir con indiferencia o que sucede en Palestina. Ese pobo, que vive dende hai case sesenta anos un holocausto aplicado polo estado sionista que ten legalizada a tortura, sufríu coma poucos. As diferentes ideas ou se cadra as diversas administracións palestinianas estanse a atacar a tiros, mentras Israel parece sorrir.

O apartheid supuxo a legalidade do racismo nun réxime que semellaba nazi. Os seus impulsores falaban da imposibilidade da raza que consideraban inferior de ser quen de valerse por si mesmos. Cando Sudáfrica se liberou dese xenocidio, houbo enfrontamentos armados entre a poboación negra.

Estar unidos polo que temos en común é imprescindibel para non estar separados polo que nos diferencia. Chegar ao consenso de ideas, horizontal, de ti a ti, ten que ser obriga de calquera movemento emancipador, que transforma.

Poden forzas da esquerda ter o goberno de administracións varias, pero o poder real no mundo aínda o teñen as multinacionais que marcan o comercio, o Fondo Monetario Internacional que ordena privatizacións, os exércitos que invaden e bombardean, a banca que financia opinións e hipoteca vontades.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.