|
¿Cales son as maiores empresas do Baixo Miño?, ¿cales son as que máis facturan?, e ¿as que crean máis emprego?, ¿a que sectores produtivos pertencen? Para contestar estas preguntas InfoRosal recorreu aos datos do Informe Ardán 2005. Este estudo inclúe información sobre as 10.000 empresas de maior tamaño de Galiza e o norte de Portugal. O último Informe Ardán publicado no ano 2005 recolle información das empresas correspondente ao exercicio 2003.
A bisbarra do Baixo Miño abrangue os concellos de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia. Nestes cinco concellos no ano 2003 habería 83 empresas que ocupasen 10 ou máis traballadores.Por número de postos de traballo salienta Imerys Kiln Furniture España, S.A. ( As Cachadas) en A Guarda adicada á fabricación de produtos cerámicos refractarios que ocupa 164 traballadores/as. Séguena a moita distancia Bodegas Terras Gauda, S.A. de O Rosal con 49 empregos e Marvil Construcciones y Contratas, S.L. de Tomiño con 45 empregado/as. Con máis de 30 traballadores/as e menos de 40 só 3 empresas: Pycflorga, S.L.na venda de flores por xunto, Edificaciones Marbar, S.L. na construción de edificios e obra civil e Proyectos Carpintería Modular, S.L. na carpintaría metálica. 4 empresas máis ocupan un número de traballadores/as igual ou superior aos 25 como se pode comprobar na táboa. | EMPRESA | CONCELLO | ACTIVIDADE | Nº TRABALLADORES
| Imerys Kiln Furniture España, S.A. (As Cachadas) | A Guarda
| Fabricación de productos cerámicos refractarios
| 164
| Bodegas Terras Gauda
| O Rosal
| Elaboración de viños
| 49
| Marvil Construcciones y Contratas, S.L:
| Tomiño
| Construcción xeral e obra civil
| 45
| | Pycflorga, S.L. | Tomiño
| Comercio por xunto de flores e plantas
| 39
| Edificaciones Marbar, S.L.
| Tomiño
| Construcción xeral e obra civil
| 33
| Proyectos carpinteria modular S.L.
| Tomiño
| Fabricación de carpinteria metálica
| 32
| | (*)Guardesa Blanca Inés, S.L. | O Rosal
| Construcción xeral e obra civil
| 29 | Viveros Nilo, S.L.
| Tomiño
| Comercio por xunto de flor e planta
| 28
| Mecalia-Metalurgica y Calderería, S.L.
| A Guarda
| Fabricación de cisternas, depósitos e colrectores de metal
| 27
| Pretensados Ivan-Tomiño, S.L.
| Tomiño
| Fabricación de elementos de formigón para a construcción
| 25 |
Agrupando as empresas segundo a súa actividade e utilizando os datos do Informe Ardán 2005 teriamos que a actividade que xera máis emprego no Baixo Miño é a construción xeral de edificios con 283 empregos, a fabricación de produtos cerámicos con 164 e a pesca con 156 postos de traballo. Xa por debaixo dos 100 traballadores/as temos o comercio por xunto de flores e plantas con 97 traballadores/as, o comercio por xunto de madeira con 92, a carpintaría metálica con 72 e a industria da pedra con 60. A fabricación de elementos de formigón e a elaboración de viños estarían por debaixo dos 50 postos de traballo con 37 e 32 respectivamente. O resto das actividades non chegarían aos 30 empregos. Estes datos só inclúen as 170 empresas do Baixo Miño que aparecen no informe e que declaran unha facturación superior a 347.000 € no exercicio 2003. Quedan fóra do estudo a inmensa maior parte das empresas que facturan ou declaran menos desa cantidade. Queda tamén fóra do informe o emprego que crean esas pequenas empresas. Por exemplo unha actividade que ocupa tantas persoas como a hostalaría aparece infrarrepresentada no informe pois a maioría das empresas son de pequeno tamaño, aínda que en conxunto ocupen a moitos centos de traballadores/as. Para a semana vindeira Inforosal ofrecerá os datos das maiores empresas por facturación da nosa bisbarra. (*) Hoxendia xa non existe. |