|
Cales son as empresas máis importantes do Baixo Miño en canto a facturación? A semana pasada presentabamos a listaxe das 10 empresas que empregan máis traballadores/as na nosa bisbarra. Utilizabamos a información fornecida polo informe Ardán 2005 para os concellos de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia. Damos agora os datos de facturación pertencentes ao exercicio 2003. Existen algunhas notábeis diferenzas entre a clasificación das empresas por cadro de persoal e a clasificación por facturación. Sen dúbida estas diferenzas débense á falta de datos no intre de redixir o informe. Non se pode explicar doutro xeito que empresas como Santos Import estean entre as primeiras por facturación sen ningún traballador/a contratad@s.
Na táboa I aparecen as 15 primeiras empresas por facturación do Baixo Miño, as únicas que no exercicio de referencia tiveron unhas vendas superiores aos 3 millóns de euros. Tres pertencen ao subsector de Comercio de madeira e materiais de construción. Dúas actividades están representadas por dúas empresas: Construción xeral e Fabricación de cisternas. As outras actividades só están representadas por unha empresa entre as 15 primeiras. A empresa que máis facturou foi Cementos Ozores, S.L. que con só 14 empregad@s superou as vendas de Imerys Kiln Furniture España, S.S. ( As Cachadas) que empregaba 164 persoas. TÁBOA I
| EMPRESA | LOCALIDADE
| ACTIVIDADE
| EMPREGO
| FACTURACIÓN
| CEMENTOS OZORES, S.L.
| Tomiño
| Comercio materiales construcción, sanitarios...
| 14
| 17.748.660
| IMERYS KILN FURNITURE ESPAÑA,S.A. (As Cachadas)
| A Guarda
| Fabrica de productos cerámicos refractareos
| 164
| 11.867.985
| | SANTOS IMPORT, S.L. | Tomiño
| Comercio bens consumo distintos alimentación
| | 7.558.020
| ESTACIÓN DE SERVIZO SAN ROQUE, S.L.
| A Guarda
| Venda de carburantes
| 19
| 6.904.582
| | HERMANOS ESPAÑOL SOUTIÑO,S.L. | A Guarda
| Comercio por xunto non especializado, productos alimentación, bebidas, tabaco.
| 20
| 6.546.894
| PYCFLORGA,S.L.
| Tomiño
| Comercio de flores e plantas
| 39
| 6.380.940
| BODEGAS TERRAS GAUDA, S.A.
| O Rosal
| Elaboración de viños.
| 49
| 6.245.361
| MADERAS GOIAN,S.L.
| Tomiño
| Comercio por xunto de madeira, ...
| 5
| 5.275.999
| | SUMINISTROS NAVALES SANTA TECLA, S.L. | A Guarda
| Comercio para a industria, comercio e navegación
| | 5.189.871
| MARVIL CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS,S.L.
| Tomiño
| Construcción e obra civil
| 45
| 4.364.589
| EDIFICACIONES MARBAR,S.L.
| Tomiño
| Construcción e obra civil
| 33
| 4.158.388
| DEPOSITOS COBALLES,S.L.
| O Rosal
| Fabricación depositos, cisternas e colectores de metal
| | 3.886.678
| CONSTRUCCIONES MATERIALES DE CONSTRUCCION FRANCISCO FDEZ., S.L.
| Tomiño
| Comercio de materiales de construcción e madeira, aparellos sanitarios.
| 21 | 3.806.833
| PALANGREROS ESPAÑOLES,S.A.
| A Guarda
| Comercio de peixe e marisco.
| 4
| 3.624.868
| MECALIA-METALURGICA Y CALDERARIA,S.L.
| A Guarda
| Fabricación cisternas, depósitos, e colectores metal.
| 27 | 3.333.952 |
Na táboa II presentamos as actividades que teñen máis peso na economía do Baixo Miño. Debemos ter en conta que se refiren ás 170 empresas que aparecen no informe citado e non á totalidade das empresas da comarca. Salienta o Comercio por xunto de madeira con máis de 36 millóns de euros de vendas ( máis de 6.000 millóns das antigas pesetas). Ségueno Pesca e Construción Xeral con máis de 22 millóns de euros de facturación cada unha e a certa distancia Comercio por xunto de flores e Fabricación cerámica con máis de 10 millóns de euros respectivamente. Despois outras 4 actividades que facturan máis de 6 millóns de euros. Ningunha das outras actividades que aparecen no informe chegan aos 6 millóns de euros de vendas anuais. Xa advertiamos a semana pasada que para valorar a información subministrada polo Informe Ardán debemos ter en conta que non inclúe datos de empresas pequenas que aínda sendo individualmente pouco importantes poden en conxunto representar unha fonte importante de actividade económica como podería ser o caso de hostalaría. TÁBOA II | ACTIVIDADE | FACTURACIÓN
| Comercio por xunto madeira, mat. construcción e aparellos sanitarios
| 36.468.350
| Pesca
| 22.878.879 | Construcción xeral, edificios e obras de enxenería civil
| 22.139.880
| Comercio por xunto de flores e plantas
| 12.480.819 | | Fabricación de productos cerámicos refractarios | 11.867.985
| Comercio por xunto non especializado, productos alimentarios, bebidas e tabaco
| 8.235.670
| Fabicac. depósitos, grandes cisternas e colectores de metal
| 7.730.195
| Comercio por xunto outros bens consumo distinto alimentación | 7.558.020
| Venda carburantes para automoción polo miudo
| 7.379.556 | Comercio por xunto peixes e mariscos e outros productos alimentarios
| 6.334.391 |
|