topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3481921

Alternativas visuais

js_element_orange
As empresas máis importantes do Baixo Miño (II) PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 de Agosto do 2006

Cales son as empresas máis importantes do Baixo Miño en canto a facturación? 

A semana pasada presentabamos a listaxe das 10 empresas que empregan máis traballadores/as na nosa bisbarra. Utilizabamos a información fornecida polo informe Ardán 2005 para os concellos de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia. Damos agora os datos de facturación pertencentes ao exercicio 2003. Existen algunhas notábeis diferenzas entre a clasificación das empresas por cadro de persoal e a clasificación por facturación. Sen dúbida estas diferenzas débense á falta de datos no intre de redixir o informe. Non se pode explicar doutro xeito que empresas como Santos Import estean entre as primeiras por facturación sen ningún traballador/a contratad@s.

Na táboa I aparecen as 15 primeiras empresas por facturación do Baixo Miño, as únicas que no exercicio de referencia tiveron unhas vendas superiores aos 3 millóns de euros. Tres pertencen ao subsector de Comercio de madeira e materiais de construción. Dúas actividades están representadas por dúas empresas: Construción xeral e Fabricación de cisternas. As outras actividades só están representadas por unha empresa entre as 15 primeiras.

A empresa que máis facturou foi Cementos Ozores, S.L. que con só 14 empregad@s superou as vendas de Imerys Kiln Furniture España, S.S. ( As Cachadas) que empregaba 164 persoas.

       TÁBOA I

EMPRESA LOCALIDADE
ACTIVIDADE
EMPREGO
FACTURACIÓN
CEMENTOS OZORES, S.L.
Tomiño
Comercio materiales construcción, sanitarios...
14
17.748.660
IMERYS KILN FURNITURE ESPAÑA,S.A. (As Cachadas)
A Guarda
Fabrica de productos cerámicos refractareos
164
11.867.985
SANTOS IMPORT, S.L.Tomiño
Comercio bens consumo distintos alimentación
 7.558.020
ESTACIÓN DE SERVIZO SAN ROQUE, S.L.
A Guarda
Venda de carburantes
19
6.904.582
HERMANOS ESPAÑOL SOUTIÑO,S.L.A Guarda
Comercio por xunto non especializado, productos alimentación, bebidas, tabaco.
20
6.546.894
PYCFLORGA,S.L.
Tomiño
Comercio de flores e plantas
39
6.380.940

 BODEGAS TERRAS GAUDA, S.A.

 O Rosal
Elaboración de viños.
49
6.245.361
MADERAS GOIAN,S.L.
Tomiño
Comercio por xunto de madeira, ...
5
5.275.999
SUMINISTROS NAVALES SANTA TECLA, S.L.A Guarda
Comercio para a industria, comercio e navegación
 5.189.871
MARVIL CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS,S.L.
Tomiño
Construcción e obra civil
45
4.364.589
EDIFICACIONES MARBAR,S.L.
Tomiño
Construcción e obra civil
33
4.158.388
DEPOSITOS COBALLES,S.L.
O Rosal
Fabricación depositos, cisternas e colectores de metal
 3.886.678
CONSTRUCCIONES MATERIALES DE CONSTRUCCION FRANCISCO FDEZ., S.L.
Tomiño
Comercio de materiales de construcción e madeira, aparellos sanitarios.
 213.806.833
PALANGREROS ESPAÑOLES,S.A.
A Guarda
Comercio de peixe e marisco.
4
3.624.868
MECALIA-METALURGICA Y CALDERARIA,S.L.
A Guarda
Fabricación cisternas, depósitos, e colectores metal.
 27 3.333.952

 

Na táboa II presentamos as actividades que teñen máis peso na economía do Baixo Miño. Debemos ter en conta que se refiren ás 170 empresas que aparecen no informe citado e non á totalidade das empresas da comarca. Salienta o Comercio por xunto de madeira con máis de 36 millóns de euros de vendas ( máis de 6.000 millóns das antigas pesetas). Ségueno Pesca e Construción Xeral con máis de 22 millóns de euros de facturación cada unha e a certa distancia Comercio por xunto de flores e Fabricación cerámica con máis de 10 millóns de euros respectivamente. Despois outras 4 actividades que facturan máis de 6 millóns de euros. Ningunha das outras actividades que aparecen no informe chegan aos 6 millóns de euros de vendas anuais.

Xa advertiamos a semana pasada que para valorar a información subministrada polo Informe Ardán debemos ter en conta que non inclúe datos de empresas pequenas que aínda sendo individualmente pouco importantes poden en conxunto representar unha fonte importante de actividade económica como podería ser o caso de hostalaría.

    TÁBOA II

ACTIVIDADE FACTURACIÓN
 Comercio por xunto madeira, mat. construcción e aparellos sanitarios
36.468.350
 Pesca
22.878.879
 Construcción xeral, edificios e obras de enxenería civil
22.139.880
 Comercio por xunto de flores e plantas
12.480.819
 Fabricación de productos cerámicos refractarios11.867.985
 Comercio por xunto non especializado, productos alimentarios, bebidas e tabaco
8.235.670
 Fabicac. depósitos, grandes cisternas e colectores de metal
7.730.195
 Comercio por xunto outros bens consumo distinto alimentación
7.558.020
 Venda carburantes para automoción polo miudo
 7.379.556
 Comercio por xunto peixes e mariscos e outros productos alimentarios
 6.334.391

 

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.