|
O esvarón de Lula
Isaac Bigio O 29 de outubro Brasil terá unha segunda rolda entre o centroesquerdista presidente Lula (quen obtivo o 48.6%) fronte ao centrodereitista Gerardo Alckmin (41.6%). Dos outros 5 candidatos só dous foron importantes (Heloísa Helena do fronte de esquerda con 6.9% e Cristovan Buarque do laborismo democrático con 2.6%).Os votos brancos e nulos suman 8.4% e o ausentismo o 16.8%.
De iso podese inferir que a absteción foi débil e que o país ficou polarizado. Só houbo un candidato que representase ás forzas do centro á direita (Alckmin), o mesmo, que, ao non ter rival no seu próprio campo, pudo dar unha surpresa. El non só logrou impedir que Lula vencese en primeira quenda, se non que diminuiu de 20 a 7 pontos a vantaxe que inícialmente as enquisas lle daban a Lula. Tamén lle gañou na parte sul do país (a máis rica), mentres que o seu Partido Social Democrático Brasileiro venceu en primeira rolda ás gobernacións dos dous Estados máis povoados (Sao Paulo e Minas Gerais). Segundo Alencar, vice de Lula, a sua fórmula non triunfou en primeira debido a que Lula se desacreditou ao non ir ao debate presidencial. Mais, algo que foi debilitando ao lulismo é unha série de constantes demostracións de corrupción no seu entorno. A última foi o ‘dossiergate' no cal duas persoas ligadas ao goberno foron detidas con 800,000 dolares que supostamente ian destinados a corromper a rivais. O case 10% que non votou por nengún dos dous finalistas na primeira rolda o fixo por opcións que se reclaman esquerdistas, o que poderia facer que éste electorado preferise a Lula como ‘mal menor'. Non obstante, fica por se ver se novas denúncias morais minarán a Lula e cal será o resultado do novo debate presidencial. Se ben Lula ten máis posibilidades de gañar que o seu rival, o certo é que o seu Partido dos Traballadores apenas asegurou 4 das 27 gobernacións e que sofre un desencanto. Un triunfo de Lula seria saudado por xente tan distinta como Bush ou Chávez. Para EEUU e a Unión Europea o exsindicalista obreiro é un contrapeso de esquerda moderada ao avance do eixo Venezuela-Cuba-Bolivia na rexión. Para Chávez, en troco, el apoiao a entrar ao MERCOSUR e ao Consello de Seguranza e coloca ao Brasil fora do ‘liberalismo'. Mentres as forzas do centro á direita lle cuestionan a Lula por lle ter deixado o liderazgo sul-americano a Venezuela (a mesma que, a cambio, fomentou a nacionalización boliviana de Petrobrás), as de esquerda lle cuestionan terse sometido á ‘globalización liberal' e manter unha boa relazón con Bush. Se ben Lula non puido cumplir promesas electorais do 2002 como as dunha reforma agraria, un grande salto económico e moralización, el mantivo unha estabilidade económica e un medre do 2 % anual (inferior á taxa rexional e aos outros xigantes do Sul como Índia ou China), criou empregos, mellorou ingresos de sectores pobres e diminuiu a fame e o analfabetismo. Alckmin tratará de minar a Lula mostrando que el non garante transparencia moral ou un grande fluxo de investimentos privadas. Sen embargo, un triunfo seu non é a opción mais probabel. Ainda a maioría dos brasileiros preferen unha alternativa do centro á esquerda e as novas receitas económicas e programas sociais lulistas viñeron contando con apoio popular. Os actuais resultados electorais é algo que debe albergar certa satisfación aos dous candidatos esquerdistas como Helena e Buarque quen romperon co PT no seu primeiro mandato. Lula deberá achegarselles para buscar o seu endorse e eles quererán valerse de ter case sumado un dez por cento dos votos para querer achegar ao PT cara a súa dirección. O cenário máis probábel é que Lula obteña a reeleizón, aínda que tendo criado un novo contexto no cal ten como rivais a unha centro-direita que sae fortalecida e, a diferenza do 2002, coa emerxéncia dunha nova oposición significativa á sua esquerda. Isaac Bigio é Analista Internacional. |