|
Martes, 10 de Outubro do 2006 |
|
Corea e Correa
Isaac Bigio Mentres Corea do Norte desafía a EEUU explotando unha bomba nuclear, en Ecuador encabeza as enquisas o chavista Rafael Correa.
EEUU creeu que ao invadir Afganistán e Iraq ía lograr amedrentar a todos os movementos e gobernos contestatarios do mundo. Inicialmente parecía que esa podía ser a tendencia pois iso empuxou o IRA irlandés a irse desarmando e a Libia a autodestruir o seu arsenal bioquímico. Mais, a medida que Washington veuse atascando nesas guerras e que creceu o fundamentalismo islámico; Irán, Siria, Hamas e Hizbola potenciaronse. Norcoreanos e iraníes conciben que o mellor xeito de evitar ser atacados non é desarmándose como Iraq senón dotándose de armas máis disuasorias. Grazas aos traspés de Bush, a esquerda tense envalentonado en América Latina. Ésta radicalizou a Venezuela, gañou Bolivia, nomeou un presidente paralelo en México, busca presionar aos gobernos de centroesquerda de Brasil, Chile e Uruguay, e agora quere tomar Ecuador suscitando non asinar o TLC e desmantelar á base militar anti-FARC que EEUU ten no seu país. Isaac Bigio é Analista internacional. www.bigio.org |