topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3473173

Alternativas visuais

js_element_orange
DESEXOS E REALIDADES PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 de Outubro do 2006

ImageDesexos e realidades

Moncho Fernández Leal

No verán que remata recibiuse a nova da operación de Fidel Castro, feito que en Miami os nostálxicos de Batista convertiron en espectáculo. No fulgor dos mojitos de Bacardí que se tomaron, fixeron bo o tópico de que os bébedos din o que sinten, e falaron de viva voz que, loguiño do enterro do Comandante, marchaban para Cuba a recuperar os seus latifundios e mansións. Xa se esqueceran do discurso da transición e da democracia. Nunca unha resaca debeu ser tan dura.

Cuba disponse a recibir, a partires do 11 deste mes, ao Cumio dos Países Non Aliñados, nunha situación que semella calma, o que non esperaba a contrarrevolución. O socialismo en Cuba ten unhas conquistas sociais que o pobo non vai regalar á mafia polas boas.

A máis das análises das presuntas mortes de Fidel, das investigacións acerca da cor do pixama con que recibiu a Chávez e a colección de artigos e entrevistas a todos os sectores que son inimigos do socialismo en Cuba e en calquera sitio, un fenómeno axúdanos a comprobar que a peneira coa máis ou menos segundo as situacións. A oposición de México, que vivíu unha eleccións fraudulentas para que sega a gobernar quen non vai plantexar ningún problema aos EE.UU., non ten apoio internacional na súa reinvindicación de eleccións limpas. Lembremos coma distinto fora o acontecido en Ucrania que motivou titulares, interpelacións, e mesmo foi alcumado de revolución laranxa.

Por outra banda, a causa pola liberación dos cincos cubanos que foron detidos por loitar contra dos grupos terroristas que atacan á illa, sufríu un duro golpe, xa que foi denegada a posibilidade de repetir o xuizo. Importante labor queda por facer para dar a coñecer a súa terríbel situación.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.