topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3610212

Alternativas visuais

js_element_orange
Parque Natural do Monte Aloia PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 de Outubro do 2006

Parque Natural do Monte Aloia

Parque Natural

Centro de InterpretaciónO Monte Aloia é, sen dúbida, un dos espazos naturais de máis interese na comarca do Baixo Miño, xunto co Esteiro do Miño. É o úncio espazo que conta coa declaración de "Parque Natural". Esta declaración efectuouse o ca de decembro de 1.978 por Real Decreto 3160/1978, o que marcou un fito na historia da protección da natureza en Galiza, pois foi o primeiro Parque Natural declarado no País.

Situación

O Parque Natural do Monte Aloia ten unha superfície de 746,29 hectáreas que están ubicadas dentro do termo municipal de Tui. Esta zona esta catalogada como media montaña e está situada no extremo sul da Serra do Galiñeiro, cunha cota máxima de 631 metros, que se corresponde co Pico San Xiao, dende onde se pode apreciar unha fermosa paisaxe, un grande tramo do río Miño até a desembocadura, así como a cidade de Tui e Valença (Portugal).

 

Floresta

Bidueiro
Bidueiro
A maioría da masa forestal constituena os piñeiros (Pinus pinaster, Pinus sylvestrys e Pinus radiata), así como por algunhas especies exóticas (Cupressus sp., Cedrus atlántica, Eucaliptus sp. e Acacia sp.) e xunto con algunha sobreira (Quercus suber) e carballo (Quercus robur) e bidueiro (  ) conforman un arboredo de interese para o visitante.

Relación de Flora que se pode atopar:

  • Toxo (Ulex europaeus)
  • Piñeiros (Pinus pinaster, Pinus sylvestrys e Pinus radiata)
  • Queiruga (Erica sp)
  • Xesta (Cytisus Scoparius)
  • Carpaza (Cistus salvifolius)
  • Carballo (Quercus robur)
  • Sobreira (Quercus suber)
  • Salgueiro (Salix sp.)
  • Ameneiro (Alnus glutinosa)
  • Acivro (Ilex aquifolium)
  • Castiñeiro (Castanea sativa)
  • Hyacinthoides paivae

 

Avelaiona
Avelaiona

 

 

Fauna

A fauna no Aloia non ten demasiada importancia. As especies máis comúns son a raposa, o coello, o esquio ou o ourizo cacheiro entre os mamiferos, e a perdíz, miñato común e o lagarteiro entre as aves.

Relación da Fauna que se pode atopar:

  • Raposo (Vulpes vulpes)
  • Coello (Oryctolagus cuniculus)
  • Ourizo (Erinaceus europaeus)
  • Perdiz rubia (Alectoris rufa)
  • Miñato común (Buteo buteo)
  • Lagarteiro (Falco Tinnunculus)
  • Avelaiona (Strix aluco)
  • Bermelliña ou Rañosa (Rutilus arcasii)
  • Vacaloura (Lucanus cervus)
  • Libeliña (Coenagrion mercuriale)
  • Lagarto arnal (Lacerta lepida)

 

ImageMonumentos e construccións

A ermida de San Xiao, que foi reconstruida no ano 1713 sobre un templo románico, que está adicada ao santo que lle da nome e que ocupa o lugar central dun grande adro; o monumento ao enxeñeiro Areses, a capela de San Fins, a Casa Forestal, de deseño curioso obra do enxeñeiro Areses -actualmente usada como Centro de Interpretación do Parque Natural- ; os restos da muralla dunha antiga fortificación ou o poboado protohistórico no Castro Alto dos Cubos, así como diversos miradoiros espallados polas partes máis altas do Parque, constituen outra parte interesante da oferta que ofrece este espazo natural do Monte Aloia.

 

 

 

 

Rutas polo Parque Natural do Monte Aloia

1) Ruta de Cabaciñas - Poza de Cabanas
Esta ruta de 1.800 metros comeza ascendendo ao miradoiro de Cabaciñas, para desde alí volver polo regato Cabanas ata a poza do mesmo nome. Dura aproximadamente entre unha hora e media e dúas.

2) Ruta dos Muíños de Paredes
Con 9.000 metros de lonxitude, ten o seu inicio no Centro de Interpretación e remata no lugar de Paredes, para volver ao punto de partida.

3) Ruta do Rego da Pedra
Cunha lonxitude de 3.000 metros, discorre paralela a un antigo rego de pedra. Antes de chegar ao seu termo, percórrese a Senda Botánica, ilustrada con paneis explicativos da vexetación do parque. Ten unha duración aproximada de dúas a tres horas.

4) Ruta do Castro Alto dos Cubos
É unha ruta lineal de 2.500 metros de lonxitude que, partindo de Frinxo, chega ata as escavacións do Castro Alto dos Cubos. A duración aproximada é de dúas a tres horas.

5) Ruta dos Muíños de Tripes
Con 2.800 metros de lonxitude, ascende esta ruta paralela ao río Tripes, pasando polos muíños restaurados da zona alta, para logo descender polo bosque ata o punto de partida.

6) Senda Botánica
Ruta que se desenvolve por un percorrido de 400 metros de lonxitude polo arboreto ilustrado do parque natural, identificando as especies a través de xogos.

Nota: Para todas estas rutas podese recoller no Centro de Interpretación do Parque, un folleto explicativo que contén un esquema do percorrido e unha explicación máis extensa da zona que percorre cada ruta.

Catalogos editados pola Xunta de Galiza (Formato PDF)


BIBLIOGRAFÍA

Inventario de recursos do Baixo Miño. Editado pola Fundación Cultural Banesto

Dende o Monte Aloia. Alberto Romero Rodríguez

Tripticos editados pola Xunta de Galiza


Máis información en:

 

 
< Ant.   Seg. >
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.