|
Ecuador polarizado
Isaac Bigio En Ecuador o voto é obligatorio. Con todo, tres dos nove millóns de inscritos non votaron e, os que o fixeron, un quinto votou nulo ou branco. Ningún dos dous candidatos que entran á segunda rolda obtivo siquera 1,5 millón de votos (un sexto do electorado). Iso demostra desconfianza da poboación nas súas élites.
Na segunda volta é crucial dirixirse a esa metade de electorado que non votou por ninguén. Tamén o é o poder atraer a quen votaron por outras forzas. Noboa quixo realizar unha polarización tipo Perú (todos contra Chávez), pero coa diferenza que Caracas non se inmisciu moito en Ecuador e que o electorado dirimente atópase á súa esquerda (e non, como en Perú á dereita de Alan). Cun discurso moi anticomunista Noboa consegue o apoio do 10% que votou por outras forzas de dereita pero acaba de empuxar á "esquerda democrática" (15% dos votos) cara a Correa, quen, á súa vez, sente a presión para "moderar" as súas propostas. O 18% obtido polos Gutiérrez convértese nun factor chave do ex presidente para negociar cos dous candidatos. Sexa cal for o próximo presidente hai 4 cousas certas: 1) será un dos mandatarios latinoamericanos que menos votos saque na primeira rolda; 2) terá minoría no congreso (algo chave nun país onde é usual que o lexislativo tumbe ao executivo); 3) herdará un país inestable e polarizado; 4) posiblemente sexa outro dos tantos gobernos ecuatorianos que non terminan o seu periodo. Isaac Bigio é Analista internacional. www.bigio.org |