topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3473143

Alternativas visuais

js_element_orange
A BASE E A ALTURA PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 de Outubro do 2006

ImageA base e a altura

Moncho Fernández Leal

No panorama latinoamericano debe levarnos á esperanza a chegada ao goberno da esquerda con diversos grupos e diferentes proxectos.

Vivimos uns momentos nos que hai por primeira vez relacións entre países que queren deixar de ser un número na economía de EE.UU., e que tomaron a decisión de ser independentes de verdade. É o lugar do planeta onde se concentran as condicións obxectivas de expolio, miseria, fame e tamén subxectivas de pobo organizado, para que haxan cambios dunha profundidade transformadora.

Próximamente haberá eleccións en Ecuador e Nicaragua, con moitas posibilidades de éxito das alternativas antiimperialistas. A responsabilidade de gobernar cun proxecto estratéxico antagónico no económico e, por tanto no social, ao imperante neses países peta co muro da evidencia de que unha cousa é o goberno e outra ben distinta é o poder. Aconteceu no Chile da Unidade Popular co presidente Salvador Allende, ocorre na Venezuela e Bolivia actuais. Sectores da burguesía que conspiran e que teñen o poder económico e mediático suficiente para dinamitar os avances sociais. É un dos motivos do distanciamento do goberno de Lula dos movementos populares no Brasil.

Mais tamén que a base social e a altura dirixente non están comunicadas en moitos casos ou polo menos o camiño non é de ida e volta. Para seguir no goberno sen presións o goberno do P.T. tomou decisións que afectaron á clase baixa. Brasil, cun latifundio que quedou impune nestes catro anos, ten o problema da tenencia da terra sen resolver. Búscanse explicacións a por que o P.T. brasileiro non venceu na primeira volta das eleccións. Non hai que esquecer que nas anteriores eleccións existiu un P.T. unido, coa pluralidade de diferentes sectores, pero cun único candidato. Estar no goberno non pode ser un fin en si mesmo, trátase dun paso non sempre necesario para tomar o poder. 

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.