|
Mércores, 01 de Novembro do 2006 |
|
Catástrofe global
Isaac Bigio O goberno británico acaba de publicar o “Informe Stern” segundo o cal a humanidade marcha cara á súa peor catástrofe ecolóxica. As emisións de gas carbónico de hoxe son un 40% superior ao de antes da revolución industrial de 1780.
Se non se para e revirte ese curso as consecuencias serían calamitosas. Se na ola de calor do 2003 morreron no continente máis rico 35,000 europeos, un aumento do 1% da temperatura planetaria asasinaría a 300,000 persoas, extinguiría ao 10% das especies e evaporaría moitos glaciares andinos afectando a auga potable a 50 millóns de sudamericanos. Se a temperatura global sobe un 2% uns 200 millóns de humanos morrerían e unha cifra igual vería as súas cidades arrasadas polas augas; 60 millóns de africanos estarían expostos á malaria, o 40% das especies extinguiríanse e 2 de cada 3 humanos sufriría de cortes de auga. O quecemento global custaría seis trillóns de dólares en perdas a menos que se adique o 1% do produto bruto mundial a reducir hoxe as emisións de gas carbónico. Pese á seriedade do informe Washington segue despreocupándose diso. Isaac Bigio é Analista internacional. www.bigio.org |