topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3473137

Alternativas visuais

js_element_orange
A COR DO CRISTAL PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 de Novembro do 2006

ImageA cor do cristal

Moncho Fernández Leal

EE.UU. decidiu ampliar o muro que os separa de México ata chegar aos 1.200 quilómetros de longo. Nas terras usurpadas á república azteca hai xa un valado, con cámaras, gardas de fronteiras, electricidade, helicópteros e grupos armados que se denominan defensores da raza branca, que provoca a morte de miles de persoas cada ano.

Nas reaccións que non se produciron no mundo ante a votación que o aprobaba, na que coincidiron demócratas e republicanos, hai que subliñar aquelas que si foron entusiastas e manipuladoras da historia cando a caída do muro de Berlín. Debemos lembrar que son máis libres de circular os produtos elaborados no norte económico que as persoas do sur.

EE.UU. ten dende 1966 a Lei de Axuste que permite ás persoas cubanas que cheguen por calquera vía ilegal ao territorio estadounidense ter o dereito automático á residencia no país. Sempre preferíu a administración ianqui a chegada ilegal que cumprir os acordos migratorios que ten asinados con Cuba. Pura propaganda. Por loitar contra a mafia que provoca as saídas ilegais, que é a mesma que organiza os ataques contrarrevolucionarios seguen nas cadeas de EE.UU. os cinco cubanos que fixeron traballo de infiltración nas organizacións terroristas de Miami. O 21 deste mes serán homenaxeados nunha convocatoria mundial.

Corea do Norte fixo unha proba, que semellaba tamén demostración, de armamento nuclear. Supuxo a reacción do mundo que mostrou a súa cara unipolar. Por qué as grandes potencias teñen ese mesmo tipo de armamento e temos que decir amén? Haberá que eliminar todo o armamento nuclear, non só o de Corea. Hai alguén que estea tranquilo sabendo que EE.UU., Israel ou Rusia, entre outros estados, posúen esa capacidade destructiva?

Todo é, xa se sabe, segundo a cor do cristal con que se mira.

 

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.