topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3473167

Alternativas visuais

js_element_orange
A AXUDA INTERNACIONAL PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 de Decembro do 2006

moncho lealA axuda internacional

Moncho Fernández Leal

As relacións internacionais viven nos últimos tempos o fenómeno da propaganda da axuda dos países ricos aos pobres.

A cantidade por este concepto medra ano tras ano, pero na realidade tamén o fai a pobreza dos países receptores da tal axuda.

Quen manda no mundo, esas corporacións transnacionais que ninguén elixíu, invisten nos países expoliados porque éstes teñen riquezas naturais, supoñen ganancias altas, porque os salarios son de fame e porque neses países non hai regulacións que protexan o ambiente.

En EE.UU. o goberno outorga ás corporacións exencións nos impostos. Os excedentes do comercio agrario norteamericano son enviados a eses países a baixo prezo e afunde a economía do país invadido. Créase un mercado laboral, con xente desesperada, que sae do campo á cidade, a sobrevivir en barrios de folla de lata.

A industria Disney, produtora de filmes coma Bambi, non ten a mesma sensibilidade en Haití, onde pagan aos seus traballadores 11 centavos de dólar á hora. Os zapatos que se facían en 1990 en Indonesia estaban fabricados por nenos que traballaban 12 horas ao día, por 13 centavos á hora. Custaban 2'60 dólares. Vendíanse en EE.UU. a 100.

EE.UU. é un dos poucos países que non asinou a convención internacional para a abolición do traballo infantil. Negouse. Será porque é práctica habitual dos seus negocios no Terceiro Mundo e tamén no interior das súas fronteiras.

A axuda exterior vai asociada á creación de infraestructuras necesarias para o comercio e vai parella ao investimento das transnacionais. Os embaixadores traballan nos dous eidos.

O FMI obriga aos países endebedados a someterse ao programa de axuste estructural, polo que son obrigados a outorgar beneficios fiscais ás corporacións, así coma a recortar os gastos en saúde, educación, transporte e alimentación e privatizar a súa economía. A axuda remata sendo un negocio con trampa.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.