topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3665374

Alternativas visuais

js_element_orange
O noso sistema enerxético depende dos combustíbeis fósiles PDF Imprimir Correo-e
Luns, 01 de Xaneiro do 2007

Galiza importa o 77% da enerxía primaria que utiliza

No ano 2004 o 86% da enerxía primaria procedeu directamente de combustíbeis fósiles (carbón, cru de petróleo e derivados, gas natural). Nese mesmo ano Galiza importou 10 millóns de toneladas equivalentes de petróleo (tep) de enerxía primaria e produciu 3 millóns de tep. Xa que logo o 77% da enerxía primaria utilizada en Galiza é importada. O 54% dos 3 millóns de tep de enerxía primaria propia procede da queima de lignito pardo estraído nas minas de As Pontes e Meirama que están piques de se esgotar.

Estes son os datos máis relevantes das "Dez preguntas básicas sobre a enerxía en Galicia" da asociación ecoloxista Verdegaia.

En 2004 o consumo de produtos petrolíferos foi de 4 millóns de pet dos qeu o transporte consumiu o 47%. O consumo de electricidade nese mesmo ano foi de case 1,6 millóns de tep dos que o 57% foi demamdado pola industria. Unha parte moi importante da demanda industrial procede dunha poucas industrias extremadamente consumidoras como a Alúmina de San Cibrao.

Como xa vimos Galiza importa o 77% da enerxía primaria que utiliza. Cando se di que Galiza exporta enerxía faise referencia á exportación de enerxía eléctrica ou produtos petrolíferos refinados na Coruña. Porén Galiza non exporta ningún tipo de enerxía primaria.

Como alternativa ao actual modelo enerxético Verdeagia propón a utilización de enerxías renovábeis e cita un informe encargado por Greenpeace ao Instituto de Investigacións Enerxéticas da Universidade Pontificia de Comillas. Este informe conclúe que Galiza podería ser totalmente autosuficiente utilizando enerxías renovábeis para a produción de enerxía eléctrica no ano 2050.

Verdegaia rexeita a enerxía nuclear por perigosa ao non existir unha solución segura ao problema dos refugallos nucleares que seguen emitindo radioactividade durante miles de anos e tamén por ser unha fonte non sustentábel.

 
< Ant.   Seg. >
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.