|
Ausencias e presenzas
Moncho Fernández Leal Sucesos importantes están a acontecer nun continente americano que camiña cara a unha integración que vai ser un fito histórico. Rafael Correa conseguíu vencer, representando á esquerda, na segunda volta ao home máis rico do Ecuador, Álvaro Noboa, que cometera un fraude descomunal na primeira rolda. Ecuador vive dende hai anos na inestabilidade. O futuro vai estar marcado na capacidade das organizacións indíxenas para superar as divisións internas.
En Venezuela cantaron o "Uuu, aaa, Chávez no se va" que rebotou por todo o continente. O presidente, ao que lle precede o adxectivo golpista en boa parte das informacións do grupo PRISA, grupo con importantes intereses na país de Bolívar, venceu a Manuel Rosales e a maioría dos medios de comunicación. Rosales apoiou o golpe de estado contra Chávez. Para o mentado grupo mediático é, non obstante, un loitador socialdemócrata, tan parecidos aos defensores do liberalismo económico. Convén repasar a hemeroteca de abril de 2002 para lembrar quen estaba en que lugar. Raúl Castro repetíu o que Cuba ven dicindo dende o minuto primeiro da proclamación do socialismo. Están dispostos a falar sentados nunha mesa, con luz e taquígrafos, cando EE.UU. queira e sempre que respecte a soberanía da illa. Condición que non parece aceptábel para a administración ianqui. Por suposto que hai interpretacións, irrespetuosas moitas, da ausencia de Fidel. Se está porque está, senón está porque non está. Os pobos, namentras, se xuntan. Houbo o Cumio da Comunidade Suramericana de Nacións en Bolivia, ao tempo que na capital andina congresuaban as organizacións sociais que forman o Cumio Social pola Integración dos Pobos. Os pobos, a xente, as dirixencias non precisan xa do permiso da embaixada dos EE.UU.. |