topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3473141

Alternativas visuais

js_element_orange
CHILE 1973 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 13 de Febreiro do 2007

Moncho Fernández LealCHILE 1973

Moncho Fernández Leal

Na morte de Augusto Pinochet a memoria trae outras vidas. Salvador Allende encabezou a candidatura ás eleccións presidenciais chilenas de 1970, nas listas da Unidade Popular, UP. Esta coalición, formada principalmente por comunistas e socialistas, triunfou por pouca marxe, pero de xeito apoteósico.

Allende proclamara que ían rematar cos monopolios, en mans dunhas ducias de familias, que nacionalizarían o crédito, que expropiarían os latifundios, que recuperarían para Chile as súas riquezas fundamentais: as grandes minas de cobre, carbón, ferro e salitre.

En Chile morrían cada ano 25.000 menores dun ano a causa da distrofia, o 15% da poboación era analfabeta. O 46% da renda estaba en mans do 2% das familias. Os monopolios ianquis obtiñan cada día un millón e medio de dólares de entón. Coa UP fixéronse accesibeis á poboación os servizos de ensino e atención médica. Todas as criaturas recibían cada día medio litro de leite.

Os consorcios Anaconda, Kennecott, a ITT, a General Motors, a General Electric, Ford Motor, a Exxon, quince monopolios da RFA, oito de Gran Bretaña, de Holanda, Italia, Xapón e Suiza; importantes bancos ianquis, ingleses e alemáns, pasaron a mans do pobo de Chile.

O acoso, dirixido polo secretario de estado de EE.UU. Henry Kissinger, sufrido polo goberno da UP foi paradigmático. Os comandos de Patria y libertad, de extrema dereita, asasinaban e secuestraban dirixentes da UP, Chile padecía un bloqueo económico por parte dos EE.UU., un boicot por parte da patronal, un asedio político da Democracia Cristiá de Eduardo Frei, pai, un bombardeo constante da prensa burguesa.

Allende morreu coa dignidade coa que vivíu e sen saber que o traidor era quen nomeara xefe do exército.

A historia, xuíz tardío, coloca a Pinochet na pilla do esterco. Allende é para sempre o Compañeiro Presidente, que estará acompañado na memoria polo poeta do amor e da revolución Pablo Neruda, pola voz entrañable de Víctor Jara.

Abriránse, si, as grandes alamedas por onde pasarán as mulleres e homes libres. Sen Pinochet.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.