topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3473411

Alternativas visuais

js_element_orange
BUROCRACIA PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 de Xullo do 2005
Burocracia

ImageMoncho Fernández Leal

O resultado dos referendos en Francia e Holanda fixeron tremer as estructuras institucionais do proxecto de tratado europeo. Na campaña no estado español presentábase o non coma algo fora de lugar, preludio da catástrofe. Europa só se podía entender dende o si. Hai que lembrar que o texto, votado pero moi pouco lido e nunha versión resumida, tivo unha aprobación do 34,66% do censo, mais suficiente para aprobalo.

A conclusión admite poucas dúbidas. Se un documento é rexeitado, a máis tendo a todo o aparato de poder a favor, hai que rescribilo. Hai voces que se empezan a escoitar subliñando que o problema é o referendo en si. Se hai unha democracia representativa, o lugar de decisión é o parlamento.

A descualificación de calquera postura que cuestione o sistema ou mesmo o critique é demonizada. Ir contra corrente ten uns efectos para os que non todas as organizacións, non todas as persoas, están preparadas. Hai poucos proxectos, poucas propostas de afondar no termo de democracia, devolvéndolle o primario significado de poder do pobo. Só se traballa no terreo da representación, sen facilitar a democracia participativa. A descentralización administrativa, posibilitar que as institucións estean máis perto da cidadanía facilitaría o control e a participación.

Non se pode cuestionar un resultado con argumentos que se refiren a diversas intencionalidades do voto non. O mesmo poderiamos decir do voto si.

A burocracia institucional da Unión Europea, elitista e reaccionaria, vai por un camiño e a xente que dixo non por outro. Pode resultar que quen perdimos o referendo de febreiro realmente deramos a resposta axeitada para unha solución de futuro. A catástrofe real é a burocracia. (ANT nº 1.182)
 
Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.