topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3448609

Alternativas visuais

js_element_orange
Via de Alta Capacidade (VAC), a evolución das reivindicacións visualizada nos espantallos e pintadas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 de Marzo do 2007

non o vialA evolución dos espantallos

(Dossier sobre a VAC)

  • Unha visión gráfica das reivindicacións dos veciños
  • O que decian e o que din as forzas políticas

Dende o anuncio da construcción do Vial de Alta Capacidade (VAC) Tui-A Guarda por parte do anterior goberno na Xunta do Partido Popular, até o anuncio do “novo” trazado da actual Conselleira de Política Territorial, María José Caride, pasando polas revisións feitas polo anterior no departamento e hoxe xefe da oposición, o señor Nuñez Feijoo, moitas pintadas, cruces negras (?) e espantallos se teñen colocado nos postes da luz e farolas coas súas respectivas lendas. O que decian ao principio ten pouco a ver co que din agora. É “A evolución dos espantallos”.

vial ao monteDespois da presentación pública polo enton Conselleiro de Política Territorial, Alberto Nuñez Feijoo, empezou a "campaña" con lendas tales como "PP, caciques", "Vial ao monte" ou "Non ao vial". Agora xa vai no "Touriño, cumpre", "PSOE, vial polo monte", "Borrajo, traidor" e "Autovia, xa!". Dende logo hai un treito entre unhas e outras. Parará aí?. Todo parece indicar que non, e na medida en que se achegue a campaña das eleccións muncipais, tamén se incrementará a "campaña" dos espantallos, como xa se evidencia na estrada dende Forcadela (Tomiño) até Pias (O Rosal), con novas pintadas e novos monecos.

Neste mesmo periodo de tempo, ao principio de todo o proceso de presentación do proxecto de vial, crearonse dúas plataformas veciñais. Unha en Tomiño, PACIVAC, e outra no Rosal-A Guarda, PVP. Nas dúas houbo certa "influencia" e apoio -implicito polas coincidentes demandas e alternativas- dalgún partido até o cambio de goberno na Xunta. Agora as cousas parece que trocaron.

vial polo monteFixeronse diversas reunións entre os veciños e veciñas nas que se lles explicaban as afeccións dos trazados propostos pola Consellaría do anterior goberno, de acordo coa vixente Lei de Estradas de Galiza. Dende as plataformas cidadáns apuntábase como alternativa "Vial polo monte" e que se concretaba cunha proposta que cruzaba o Lousado pasando o val do Rosal na parte alta hacia a Carboeira (Fornelos) e transcorrendo despois até a Guarda polo monte, cruzando ao seu paso polos Muños do Folón, Campo do Couto,.... Esta proposta foi apoiada explicitamente polo Grupo Socialista da Guarda e do Rosal, e polo PP deses mesmos concellos, aínda que o Partido Popular do Rosal apoiou tres alternativas diferentes. O BNG pola súa banda, onde máis claro se mostrou foi tamén nestes dous concellos, manifestando que debería rematar na marxe dereita do Tamuxe, en Pias (O Rosal).

autovia xaAgora, segundo anunciou a Conselleira de Política Territorial, María José Caride, o pasado mes de decembro de 2006, mantense os trazados no Rosal, na Guarda e en Tui até Piñeiro (Tomiño) -igual que no seu día presentara o conselleiro popular Nuñez Feijoo- desestimando as alegacións presentadas por que "non melloran a proposta da administración". Quedou pendente e sen definición a maioría do tramo que cruza o concello de Tomiño. Esta proposta foi críticada polas plataformas cidadáns e polos nacionalistas, aínda que por diferentes motivos, coincidindo somente na definición de "electoralista" do anuncio.

Nós non vamos posicionarnos a favor de ningunha opción, só vamos deixar aquí os argumentos, acordos e alegacións -non está todo o que quixeramos, só os documentos aos que tivemos acceso- presentadas polos diferentes partidos políticos para que nos axuden a entender "A evolución dos espantallos".

Documentos:

NOTA: Se alguén ten documentación ao respecto, sobre todo dos concellos de Tomiño e Tui, poden enviala ao noso correo inforosal[arroba]inforosal[punto]com.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.