topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3448820

Alternativas visuais

js_element_orange
ÁFRICA OCULTA PDF Imprimir Correo-e
Martes, 17 de Abril do 2007

Moncho Fernández LealÁfrica oculta

Moncho Fernández Leal

En Chicago hai máis médicos etíopes ca na mesma Etiopía. A Organización Mundial da Saúde considera que África necesita de xeito inmediato un millón de médicos. A realidade amosa, non obstante, que cada ano marchan 23 mil profesionais sanitarios dos países africanos ao Reino Unido, Estados Unidos, Nova Celandia e Australia.

A emigración destes traballadores, que tanto custa formar, non é só polas remuneracións. Hai que ter en conta tamén as condicións nas que se actúa, os recursos que non se teñen, a sobrecarga de traballo. Por outra banda, no mundo desenvolvido e expoliador o envellecemento da poboación demanda persoal médico que o sistema non pode ofertar porque existe unha formación médica que é deficitaria en número.

No continente africano morreron xa 12 millóns de persoas afectadas pola Sida. Alí están o 64% das infeccións por esa síndrome, o que representa 25 millóns de persoas.

A globalización, que só favorece ás transnacionais,non só disolve coma azucre na auga as costumes e culturas locais, senón que anula as posibilidades de sobrevivencia e corrompe a boa parte das dirixencias sociais. Os gobernos non teñen control nin da súa soberanía.

Os obxectivos do milenio, proclamados con solemnidade nos cumios da ONU, falan de diminuir a mortalidade infantil e a fame. Pretensións nada radicais, pero imposibeis de cumplir mentras exista esa mentira que é a débeda externa e esas guerras intestinas nun continente cheiño de armas que son todas importadas.

A comunidade internacional non pode ficar conforme con celebrar unha vez cada ano o día da fame ou da Sida. Xa que a dos gobernos non é real, hai que traballar na unión dos pobos.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.