topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3609388

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
Adianto das posición dos partidos políticos de Tomiño sobre o proxecto “Coto Pinzás” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 20 de Abril do 2007

 Tódolos partidos que concorren ás eleccións en Tomiño se posicionan sobre o proxecto “Coto Pinzás”, excepto o PP

Despois da publicación por parte de InfoRosal.com do informe sobre o Complexo Deportivo, Turístico e Residencial “Coto Pinzás” a pasada semana, enviamos a todos os grupos políticos con representación no concello BNG, PSOE, CdT e PP, así como ás candidaturas independentes que se presentan ás eleccións municipais e que non teñen neste momento representación, Unión Veciñal e Alternativa Tomiñesa, un cuestionario de preguntas para que se posicionaran sobre este proxecto, que a día de hoxe, todos nos contestaron, salvo o PP.

O posicionamento de cada partido publicarémolo íntegramente o vindeiro luns, tal cual nos foi enviado e poderase descargar en formato .pdf. As cuestións que plantexamos eran a grandes rasgos:

  • Sobre a legalidade do proxecto. A utilidade prevalente do proxecto ás propias do monte.
  • Modificación do PXOM para darlle uso residencial ao monte.
  • Asociación de campos de golf a zonas residenciais. Valoración deste proxecto.
  • Os valores medio ambientais. Auga. Contaminación.
  • Patrimonio arqueolóxico.
  • Impacto social.

Adianto das posicións

En primeiro lugar cabe destacar que o Partido Popular non contestou a este cuestionario, polo que, tal e como lle fixemos saber a todos, o entenderiamos como un xeito de rehusar posicionarse sobre esta cuestión, aínda que xa adiantaron, votando favorablemente á aprobación inicial do modificación puntual no pleno celebrado o 1 de agosto de 2005, cal pode ser a súa postura final nesta cuestión.

Como adianto das posicións das forzas políticas que sí nos contestaron, podemos dicer que BNG, PSOE e Unión Veciñal, mostran, ao noso entender, un claro rexeitamento ao proxecto, coincidindo tamén os tres en sinalar que se "crearía un grave precedente" para o monte galego posibilitando a recalificación de monte comunal en urbanizable a baixo prezo.

Así a candidata nacionalista, Sandra González, pon á Costa Mediterranea, como exemplo do que non hai que facer, apostando, ao igual que Enrique Rodríguez de Unión Veciñal e o socialista, Santiago Vergara, en buscar alternativas sustentábeis para a zona.

Pola súa banda CdT non descarta a posibilidade de "mellorar o proxecto" actual para que "estivese máis claro o interese social prevalente, incorporando iniciativas que poñan en valor o patrimonio arqueolóxico e natural de Pinzás". Asi mesmo, sobre a inclusión da zona na Rede Natura e no catálogo de humedais protexidos, consideran que se debe "compatibilizar a conservación da natureza co desenrolo das poboacións" e que, só se deben adoitar "fortes medidas de protección en áreas moi identificadas, facendo compatibles outros usos no resto".

Alternativa Tomiñesa mostrase menos clara nas súas posicións, sobre todo nas cuestións referentes a utilidade pública ou interese social prevalente do proxecto ao do monte ou a modificación puntual do PXOUM. Lembramos que José Domínguez Iglesias, candidato número dous desta forza política, votou a favor da aprobación inicial no seu día, cando aínda formaba parte do Partido Popular. 

Mais consideramos que o mellor e que este luns poidan ver e ler as posicións de cada grupo político íntegramente, que serán publicadas aqui, para que vostedes, sobre todo os veciños e veciñas de Tomiño, saquen as súas conclusións.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.