topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3665481

Alternativas visuais

js_element_orange
ANABAM contraria ao proxecto “Coto Pinzás” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 23 de Abril do 2007

ANABAM considera que o macroproxecto do “Coto Pinzás” ten unha clara finalidade especulativa

A Asociación Naturalista do Baixo Miño, ANABAM, mostrase contraria a destrucción do humedal de Pinzás, que como xa adiantamos , ten solicitado en varias ocasións a súa inclusión na Rede Natura 2000 e no listado de humedais galegos. Asi mesmo considera que o macroproxecto do Complexo Deportivo, Turístico e Residencia “Coto Pinzás” ten unha clara finalidade especulativa, barnizada con pinceladas de beneficios para os veciños de Pinzás, a costa de destruir o patrimonio natural da comarca. De seguido reproducimos o posicionamento de ANABAM.

Posición da Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM) respecto do

Complexo Deportivo, Turístico e Residencial "Coto Pinzás"

Na década dos 90 houbo un primeiro intento de transformar o humedal de Pinzás, zona de Gondomar, nun campo de golf. Xa naquela ANABAM interviu diante da Administración autonómica para que o mesmo non se levara adiante. 

Tamén houbo un intento de destruir este humidal coa construcción dun aeródromo, cousa que se iniciou de feito construíndose a pista que aínda está, opóndose tamén esta asociación a elo. 

A preocupación de ANABAM por este humedal de montaña que se extende entre os concellos de Gondomar e Tomiño, é unha constante nesta asociación por tratarse dun dos dous humedais de montaña dunha importancia manifesta tanto pola biodiversidade que ten como por ser un acuífero de interese do que parte un dos ríos máis emblemáticos da comarca: o Cereixo da Briña. 

ANABAM segue a posicionarse en contra da destrucción deste humedal para o que ten solicitado en varias ocasións a súa inclusión na Rede Natura 2000 e no listado de humedais Galegos. Por este motivo, o macroproxecto de construcción de dous campos de golf, chalets, piscina, zonas deportivas, etc,. etc, cunha clara finalidade especulativa, barnizada con pinceladas de beneficios para os veciños de Pinzás,a costa de destruir o patrimonio natural da comarca, contará sempre co rechazo desta asociación que se oporá a calquer tipo de proxecto que supoña a destrucción desta zona ecolóxica. 


Pódese ver unha exposición máis detallada sobre o "Estudo de sostenibilidade medioambiental e impacto territorial e paisaxístico", na web oficial de ANABAM no seguinte enlace:

Salvemos o Couto de Pinzás

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.