topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3452240

Alternativas visuais

js_element_orange
Licitanse os estudos informativos para os tramos sen definir da VAC Tui-A Guarda PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 de Abril do 2007

Política Territorial licita o Estudo Informativo para definir o novo trazado do corredor Tui-A Guarda nos treitos de Tomiño e da variante da Guarda

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes ven de licitar, coa súa publicación onte no Diario Oficial de Galicia, o estudo informativo e impacto ambiental da Vía de Alta Capacidade Tui A Guarda no treito PO-350-Enlace de Goián, en Tomiño, e na variante da Guarda. Este estudo convócase cun orzamento de 342.325,40 euros e un prazo de execución de 14 meses.

Con esta licitación cúmprese o compromiso da CPTOPT de redefinir un trazado máis axeitado para o treito que discorre polo termo municipal de Tomiño. No estudo inicial elaborado polo anterior Goberno da Xunta e que fora sometido a información pública, este treito quedaba configurado de tal xeito que producía un efecto barreira sobre o río Miño e a localidade de Tomiño. O estudo que se licita agora deberá determinar alternativas máis viables e satisfactorias ambientalmente.

O novo estudo informativo tamén incorpora a novidade da variante da Guarda, que tampouco estaba contemplada no anterior proxecto. Esta circunvalación, duns 3 quilómetros,  permitirá retirar da travesía urbana o tráfico de longo percorrido, o que redundará nunha mellora da calidade urbana do concello.

Ademais da elaboración deste estudo informativo que se licita hoxe para redefinir ambos treitos, a CPTOPT redactará os proxectos de toda a Vía de Alta Capacidade cun deseño de corredor, o que implica garantir a posibilidade do seu futuro desdobramento cando a intensidade de tráfico así o requira. Esta nova planificación suporá un incremento en torno ao 40% sobre o investimento inicial, polo que o orzamento estimado para todo o corredor sitúase nos 120 millóns de euros.

 
< Ant.   Seg. >
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.