|
Luns, 30 de Abril do 2007 |
|
Castro recupérase
Isaac Bigio Segundo Chávez, hoxe -no día internacional do traballo- Fidel podería dar unha sorpresa suxerindo que aparecería públicamente ou anunciaría o seu retorno ao cargo. Castro recuperado viría, segundo unha carta que el di que lle escribiu, cunha clara alternativa: a de inspirarse no modelo chinés. Isto implica restablecer o mercado pero mantendo o monopolio do poder do Partido Comunista e os seus aliados.
Fidel, por outra banda, debe sentirse satisfeito porque conseguiu dúas cousas. A nivel interno evitou unha crise gobernamental ou social. A nivel externo acaba de culminar o V cumio do ALBA, un ente que formou con Venezuela fai 3 anos e que agora se ampliou a dous novos socios plenos (Bolivia e Nicaragua) e a seis observadores (Uruguay, Ecuador, Dominica, San Kitts e Nevis, e San Vincente e as Granadinas). Castro avanzou pero a costa de ir liquidando o vello castrismo baseado en querer exportar revolucións e manter unha economía plenamente estatizada e planificada. Isaac Bigio é Analista internacional. www.bigio.org |