topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3473941

Alternativas visuais

js_element_orange
Aniversario do lado escuro PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 de Setembro do 2005
ImageAniversario do lado escuro

Gustavo Luca

O que temos no aniversario de 1945 é unha volta máis de Guerra Fría. Os norteamericanos chámana guerra pola liberdade e din que comeza no mesmo intre en que o pacifista Harry Truman anuncia a bomba nuclear.

Na versión das esquerdas, esta guerra prolongada arranca en 1917 e nela participan británicos, norteamericanos, xermanos e aliados varios para cercar a Revolución de Outubro. Os alemás entraron en Ucraína para deixar a Rusia sen celeiro; en 1918 promoveron gobernos amigos nos Estados Bálticos e pasáronlle armas e soldados para pechar fronteiras aos comunistas. No Sul, os seus aliados foran os croatas.

A violencia semántica do anti-comunismo foi tan intensa que aínda hoxe permanece: estaban en combate polas liberdades e a paz e contra a tiranía e o terror. Goebbels non inventou estes conceptos reversíbeis (socialismo e liberdade como divisa dun goberno fascista) que xa reivindicara a primeira reacción contra os revolucionarios.

A pregunta é como se pode manter unha guerra estratéxica (mal chamada Guerra Fría se tomamos como mostra a violencia que reparteu) contra un adversario que aceptou por fin as posicións básicas do sistema de acumulación de capital. Porque o que se salienta no aniversario non é xenocidio decretado contra ucraínos e rusos, non é a batalla límite de Stalingrado ou a derrota das divisións alemás na fronte soviética despois de causaren vintesete millóns de mortos (o último reconto que ameaza con seguir subindo) senón o que o presidente norteamericano chama o lado escuro da Guerra.

Bush, por exemplo, reclama aos rusos nesta data que renuncien a chamar liberación a entrada de tropas soviéticas en Letonia que na versión de Condoleezza Rice fora ocupación. Por quen estaba ocupada Letonia en 1940 era polos nazis coa axuda de voluntarios letóns. Ucraína, e Xeorxia (tamén na xira do Presidente norteamericano) eran prazas fortes da alianza occidental contra a Revolución cando entrou nelas o Exército Vermello dirixido por Trotsky. Quen se fai responsábel deste lado escuro que continúa a reacción branca ate o III Reich? . (Publicado en A Nosa Terra)
 
Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.