topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3609452

Alternativas visuais

js_element_orange
CdT pon condicións para apoiar o proxecto “Coto Pinzás” PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 06 de Maio do 2007

CdT non apoiará os campos de golf de Pinzás se non se garante a auga e a viabilidad do proxecto deportivo

Esta é unha das conclusións ás que se chegou tralas reunións mantidas polos promotores e CdT no marco dunha serie de conversacións que se están realizando cos distintos Grupos Políticos con representación no Concello de Tomiño.

Este proxecto, como se recordará, pretende a construción de 850 vivendas en terreo comunal, dous campos de Golf e outras instalacións deportivas.

Os independentes expuxeron as súas dúbidas acerca da "admisibilidade" do proxecto por parte da Xunta de Galicia, ante o dubidoso "interese social prevalente" do mesmo e o cumprimento da lexislación medioambiental.

Salvados, no seu caso, os informes autonómicos, Centristas, esixe para o seu apoio, entre outros, os seguintes condicionantes: Dar a coñecer o proxecto en todas as súas fases (incluíndo execución de viales, infraestructuras e áreas de reparto); Garantir a suficiencia de auga para a futura poboación de Pinzás e as parroquias adxacentes que se aproveitan actualmente dos nacentes, como poden ser as situadas no val de Tebra; informar e consultar a todos os posibles afectados polos novos viales que se pretenden realizar desde Pinzás ata a veciña parroquia de Santa María de Tebra; a realización dun estudo de viabilidade das instalacións deportivas; equilibrar as contraprestacións á comunidade veciñal, que podería supoñer o incremento do "xustiprecio", proposto inicialmente, dos terreos a expropiar.

Por iso desde CdT piden informes independentes, encargados directamente polo Concello, a costa dos promotores, preferentemente a departamentos universitarios, antes de tomar calquera tipo de decisión.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.