topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3609493

Alternativas visuais

js_element_orange
Xiras PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 de Maio do 2007

Moncho Fernández LealXiras

Moncho Fernández Leal

George W. Bush, o home que quería solucionar o problema dos incendios forestais cortando as árbores, puido comprobar na súa recente viaxe pola América latina e indíxena a importancia que ten o seu país. Alí verificou que son tres as palabras inglesas que os pobos repiten máis veces cando reciben este tipo de visitas: yankee go home, coma testemuñaba unha foto que reproducía unha pintada sobre un cartel anunciador dunha multinacional.

Pouco despois do comezo da invasión de Afganistán, unha pancarta dicía nun país árabe: EE.UU., preguntaros porque sodes odiados en todo o mundo.

Poucos asuntos de política internacional suscitan tanta concordancia coma o rexeite á actuación estadounidense. As súas montaxes publicitarias, as excusas históricas, o apoio ás ditaduras levan á belixerancia en todos os pobos que valoran a súa independencia.

George W. Bush, o home que deu a orde de bombardear Iraq, e dixo que era porque Sadam Husein era quen quixo matar ao seu papá, só pode falar de encontros con elites económicas ou políticas. Fora das rúas acoutadas estaba a xente protestando e o aire cheo de gases lacrimóxenos.

Distinta foi a xira de Hugo Chávez. O dirixente venezuelano simboliza hoxe o soño de Simón Bolívar e de Che Guevara: a integración americana dos pobos, que leva sen poder evitalo ao enfrontamente con Washington.

É nesa América, mais tamén no interior de EE.UU., onde vai topar a superpotencia a máis grande resistencia. Quen cuestiona a súa política belicista, o deterioro social, a pobreza que aumenta, a privatización da saúde e do ensino. As derrotas militares e a contestación interna levou a moitos imperios a súa desaparición. O modelo de vida idealizado que transmite a propaganda non vai ser quen de evitar o deterioro do norteamericano.

 
< Ant.   Seg. >
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.