topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3448798

Alternativas visuais

js_element_orange
O ETANOL PDF Imprimir Correo-e
Luns, 14 de Maio do 2007

Moncho Fernández LealO etanol

Moncho Fernández Leal

A recente viaxe de George W. Bush polo que EE.UU. sempre considerou o seu patio traseiro, ambientado polo recendo dos gases lacrimóxenos que reprimían as protestas, deixou aberto un perigoso camiño.

En Brasil levan aplicando a política de producir etanol, que sacan da cana de azucre, dende hai anos. Ven sendo o principal produtor, e con EE.UU. controlan o 72% do que no mundo hai. A comitiva de Bush, co apoio das mesmas corporacións que producen cultivos transxénicos e a complicidade do Fondo Monetario Internacional e do Banco Mundial, pretendeu presentar coma ecolóxico un plano que consiste en empregar cantidades extraordinarias de cereais para producir un combustíbel que presuntamente non atentaría contra o ambiente.

As matemáticas elementais din outra cousa. Precisaranse máis de 500 millóns de toneladas de millo e outros cereais para producir etanol. Os países do norte desenvolvido económicamente pretenden que sexa o sur expoliado quen se faga cargo da produción. En Brasil xa se advirten movementos de compras de terra produtiva por parte de acaudalados individuos de Europa e EE.UU.. Hai que ter en conta o importante dato de que de se levar a cabo este plano significaría un aforro de só o 15% do consumo de automóbiles.

Este medio de transporte vai ser o que marque a demanda de producción anual de cereais. Non hai que esquecer que, cando o Katrina, un dos desastres ocultos foi que só puido fuxir quen tiña automóbil, xa que non existía en Nova Orleans transporte público, comprado décadas atrás pola Ford, para pechalo.

A grande traxedia, coma escribíu Fidel Castro, é convertir alimentos en combustíbel. Coa cantidade que se precisa para encher un depósito dun camión tería para comer unha persoa todo un ano.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.