topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3448810

Alternativas visuais

js_element_orange
Difamando a Cuba PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 de Maio do 2007

Moncho Fernández LealDifamando a Cuba

Moncho Fernández Leal

Raúl Rivero foi no pasado un intelectual ortodoxo, especialmente duro con quen en Cuba non seguía o camiño que quería marcar a Unión Soviética. Hai testemuñas directas de persoas, que continúan sendo revolucionarias, discriminadas por non pensar exactamente coma el quería.

Despois seguíu os pasos que tamén deu o finado Boris Ieltsin e nun proceso mental e vital que tamén coñecemos por estas latitudes, converteuse ao capitalismo. A fe do novo converso fíxolle cómplice do intervencionismo estadounidense.

Raúl Rivero agora xa é da caste daquel Armando Valladares, policía torturador de Batista, que foi liberado polas xestións de Regis Debray e Felipe González. Escribíu poesía na cadea. Por tanto, xa se podía decir que o motivo da súa prisión tiña que ver coas rimas.

Cando saíu en liberdade, apareceu en toda a prensa baixando do avión en París, en cadeira de rodas, manifestado ter o corpo paralizado polas constantes torturas sufridas. Uns días despois obrouse o milagro, e Interviu sacou unha fotos do policía trotando en roupa deportiva polos campos da cidade da luz. Ese mesmo fenómeno aconteceulle ao seu correlixionario Augusto Pinochet, cando chegou a Chile, logo da súa estadía en Londres.

Raúl Rivero foi premiado co Ortega e Gasset de xornalismo. Na resolución do xurado faise mención doutros periodistas presos en Cuba por exercer a súa profesión. Pero dos presos que en Cuba hai só un exerceu o periodismo, e tiña coma especialidade os deportes. Non hai ninguén na cadea por expresar opinións. As acusacións, probadas e con testemuñas de persoas que levaban anos infiltradas nas redes contrarrevolucionarias que se xuntaban arredor da oficina de intereses de EE.UU. na Habana, son por colaborar, recibindo cartos, na política agresiva contra Cuba dunha potencia estranxeira, EE.UU., delito que existe tamén na nosa lexislación e en todas as do mundo.

 

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.