|
Martes, 29 de Maio do 2007 |
|
Axuda a InfoRosal.com Como saberedes, o feito de manter unha web como InfoRosal.com, a parte do traballo diario, que facemos desinteresadamente, conleva unha serie de gastos, tales como pagamento do hosting, dominio, conexión, etc. Tentamos sufragar os mesmos cos anuncios, mais o incremento de visitas, que xeneran unha maior transferencia, fai que os custes suban e os ingresos sexan os mesmos. Por iso facemos un chamamento aos usuarios e lectores de InfoRosal.com, para que, na medida das posibilidades de cada quen, apoiedes cunha pequena aportación económica estes gastos, nós seguiremos pondo o traballo de xeito desinteresado. Se queres colaborar, fai a túa aportación na seguinte conta: Caixanova - O Rosal 2080-0439-40-0000144377 Grazas
|