topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3665463

Alternativas visuais

js_element_orange
Galego, perigo de extinción (II) PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 31 de Maio do 2007

Ánxela Fernández CallísGalego, perigo de extinción (II) (*)

Ánxela Fernández Callís – 3º de ESO

Comezarei falando do sentido que ten a palabra “galego/a”. Para moita xente a palabra galego/a non suxire nada. A outros/as failles pensar, simplemente que é o nome que se lle dá ás persoas que vivimos na Galiza. Incluso hai que coida que “los gallegos” falamos outra lingua soamente para chamar a atención.

A min a palabra "galego" faime pensar en lingua, cultura, historia, xentilicio, nación, procedencia....

Para min o termo "galego/a" é un privilexio. É algo que só poden gozar unha serie determinada de individuos.

Pero a verdade é que moitos e moitas de todos os galegos/as non aproveitan esta gran vantaxe, este privilexio que posúen.

Soamente fai falla sair a rúa e facer dúas cousas: escoitar e observar.

Algúns exemplos:

Se entramos nunha tenda, con escoitar xa nos decatamos de que os galegos/as non empregan un dos factores máis relevantes que conforman a palabra "galego".

Sí, a lingua. Aínda non sei por qué, mais cando entras nunha tenda, na maioría dos casos, a dependenta ou a propietaria sempre fan o mesmo comentario: ¿Quiere que le ayude? ou ¿necesita ayuda?. Entón ti respondes. Si a resposta é positiva incita a que a conversación continúe. Neste caso a dependenta, as veces continúa a conversación e troca de lingua e outras non se produce ese cambio. A dependenta ten como máis "guay" "el castellano" e segue falando na súa lingua habitual, moitas veces un castrapo en toda a regra.

¿E se entramos nunha librería?. ¿Onde están os libros en galego?. Ah, é verdade!, están alí, naquel recuncho, naquela esquiniña. Sí, exactamente, son aqueles catro libros.

Se hai catro en galego haberá catro en castelán. Mais non, non é así, o número de libros en castelán supera o triplo dos libros en galego. Onde está a igualdade?.

A desigualdade chega a tal extremo que podes entrar tranquilamente nunha librería e atopar o último libro de Manuel Rivas adaptado ó castelán e non encontralo "en galego".

Entón desistes e decides ir a túa casa. Polo menos non es a raro ou raro que vai a unha librería a pedir un libro dun autor galego "en galego".

Pensas en prender a televisión e pór a TVG, unha elección equivocada, mais aínda así pos na canle da TVG. ¡Guau! o superprogramón de todos os días "ACOMPÁÑENOS". Apagas a tele. Nas outras canles xa sabes o que te espera, máis telebasura.

Pero tranquilos que se non vos gusta "acompáñenos" podedes conectar a tele o venres á noite e ver o programa estrela da televisión de Galiza, ¡Si señor! "O Luar", si que supón un gran avance televisivo e cultural para todos os galegos e galegas.

A que non sabedes cal foi un dos "momentos de ouro" da TVG, segundo Gaioso, que tivo o seu paso polo Luar?. Home, eu esperaba que fose un grupo de música folclórica galega ou..... Pois non, non foi ningún grupo folclórico, e nin siquera galego. Da boca de Gaioso saiu o nome de María del Monte. Nun principio pensei que "ía con segundas", que o comemicros da TVG, do que tiña a imaxe dun farsante actor telivisivo, empregara a ironía galega. Pero non, non "ía con segundas nin ironicamente".

Eu non digo isto pensando que na televisión de Galiza só sedeba emitir música galega. Todo o contrario, está ben escoitar outros tipos de música.

No que non estou de acordo é que ese outro tipo de música sexa sempre a mesma, da boca dos mesmos CANTANTES, persoas que podemos ver case todos os días nos programas e revistas do corazón como María del Monte, Isabel Pantoja, Manolo Escobar e compañía.

Non estou de acordo en que, aínda por riba da parafernalia que teñen montada, veñan á TVG e sexan consideradas como as "estrelas" da televisión de Galiza polo Super Gaioso.

(*) Artigo publicado no "Voceiro da Mata" nº 31 do CPI Manuel Suárez Marquier - O Rosal 

Relacionado: Galego perigo de extinción 

 
Seg. >
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.