topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3448602

Alternativas visuais

js_element_orange
Hai censuras que matan PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 de Xuño do 2007

Gustavo LucaHai censuras que matan

Gustavo Luca

As emisoras privadas de TV que autorizara o derradeiro governo de ADC en Venezuela (Rctv, Globovisión, Venevisión, Televen, etc) denuncian a diario que a censura impídelles informar. Circulan por aquí varios escritos que reclaman abaixo asinantes, a poder ser de xente de letras, para expresar o malestar por tanto oprobio. Debe tratarse, en todo caso, dunha censura en clave oculta se atendemos aos brados e insultos que lanzan polas pantallas os oradores da ADC contra o presidente de Venezuela e os seus ministros. Se cadra estamos en presenza dunha censura metafísica.

Unha censura real, con cortes de electricidade, tropa armada nas redaccións e precintado de edificios, foi a que aplicou Carmona cando o golpe de Estado de 2002 contra o governo de Hugo Chávez. Carmona decretou a suspensión do Parlamento en nome do progreso da democracia pero esta sutil metáfora do silenzo como via para a liberdade auténtica non chamou a atención dos editorialistas da hispanidade. Aznar e Felipe González foron por uns días irmáns en Carmona. En plena guerra dos Estados Unidos contra Serbia, os avións da OTAN lanzaron un ataque aéreo con bombas teleguiadas de Tytadine de 90 quilos contra a emisora pública de televisión de Belgrado. Non é que a censuraran senón que a queimaran cos xornalistas dentro.

A organización Reporteiros sen Fronteiras, que conta con amigos en partidos de esquerda en toda a UE, tamén acusa a Chávez de estorbar a libre expresión. Luns pasado a primeira hora, a tropa que ocupa as terras de Palestina pechou dúas emisoras de radio e dúas de televisión de Nablús, na cidade mártir das terras invadidas dende 1967, na ribeira oeste do río Xordán. Os soldados demócratas desmontaron e retiraron a equipa de emisión e valeiraron os arquivos. Un representante do governo que ocupa estas terras en nome da verdadeira liberdade, dixo que non tiña nada que informar sobre esta censura con asalto de instalacións e saqueo do material para informar. Ora, estes medios de información son un elemento vital para conformar un acordo político entre palestinos, xusto na situación en que os ocupantes coa axuda da canalla internacional (expresión de Manuel María) acusan aos ocupados palestinos de se non entenderen entre eles. O outro elemento clave son os cadros de Hamas e Al Fatah que obrigados a agónicas consultas para evitar a guerra interna son carbonizados sobre catro rodas. "Morreron cinco militantes que fuxían nun vehiculo", din os medios pesimamente informados.

Os pasteleiros sen fronteiras e os reis das tartas da información están distraídos polo da censura en Venezuela. Compréndanno.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.