topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3481909

Alternativas visuais

js_element_orange
Boris o demócrata PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 de Xuño do 2007

Gustavo LucaGustavo Luca

Boris Nicolaievitch Ieltsin empeñouse en que era mellor a propiedade privada dos medios de producción que a pública pero a maioría do Parlamento non comprendía onde estaba a virtude de entregar aos obreiros as fábricas que, de feito, xa eran deles.

Como os traballadores votaron en contra de vender a industria e as propiedades do povo, e o Parlamento declaraba ilegais os saldos do patrimonio público promovidos con toda urxencia polo presidente Ieltsin, o Governo, que presidía Viktor Chernomirdin, decretou o bombardeo do Parlamento, coñecido durante anos coma asemblea do povo ou Soviet Supremo. Mataron a cen parlamentarios que resistían no edificio sen auga nin luz dende había un mes. Os noticiarios da BBC valoraban a fe do presidente Ieltsin nos valores democráticos e a súa valentía contra os que se negaban a aceptar as glorias do libre mercado.

Isto sucedeu no 93. As privatizacións deixaron aos rusos na miseria e formaron unha presada de novos ricos. O produto interno bruto caeu un 45%, duplicouse a taxa de mortalidade e a esperanza de vida pasou de ser unha das mellores do planeta ao derradeiro lugar da lista. Os índices de delincuencia disparábanse. Aproveitando estas noticias, Bill Clinton anunciaba que Ieltsin estaba a gañar a "batalla pola democracia".

No 96, Ieltsin asinaba a paz coa resistencia chechena pero deseguida ignoraba o tratado e invadía Grozni con 150.000 soldados . A poboación chechena de dous millóns ficaba en 800.000. Os máis conservadores din que nesta segunda guerra de Ieltsin contra Chechenia acabaron con 300.000 civís.

Confiando na desmemoria, as necroloxías atrévense a proclamar que Boris Nicolaievitch Ieltsin foi un campión da democracia. Os rusos están seguros de que serviu os intereses do capital internacional con despachos en Norteamérica e Inglaterra. Aparte de saquear o traballo de varias xeracións e de rapinar o patrimonio público, preparou o proceso para pechar as saídas de Rusia ao Báltico e ao mar Mar Negro.

Tamén o chaman nesta hora "artífice da desintegración da Unión Soviética" pero nin sequera iso é certo porque as artes que usou foran emprestadas por outros.



 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.