topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3454131

Alternativas visuais

js_element_orange
Bombas en Reino Unido PDF Imprimir Correo-e
Martes, 03 de Xullo do 2007
Isaac BigioO 27 de xuño tomou posesión o novo primeiro ministro británico e o 7 de xullo cúmprese o segundo aniversario en que 4 bombas humanas mataron a 52 civís en Londres. No medio deses dez días os binladenistas intentaron causar estragos con dous atentados no centro londinense e un nun aeroporto da Escocia natal de Brown.

Ao sucesor de Blair quixéronlle dar unha benvida de lume e reafirmarlle que Osama segue recrutando adeptos dentro do 1,6 millóns de musulmáns que vive no Reino Unido (case 3% da súa poboación).

Esta vez os atacantes non lanzaron suicidas e os seus explosivos mostran que se trata dun grupo menos experto. Para os servizos antiterroristas isto pode ser un indicativo que Al Qaeda baixa de calidade, pero tamén é algo que pode alarmarlles se iso evidencia que esta se enche de máis recrutas dispostos a organizar as súas propias iniciativas.

O novo goberno poderá reducir as súas tropas en Iraq para enviar máis soldados a Afganistán. Mentres ambas as ocupacións persistan Gran Bretaña será vítima de novos ataques.

Isaac Bigio é Analista internacional - www.bigio.org

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.