topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3448558

Alternativas visuais

js_element_orange
A globalización virtual PDF Imprimir Correo-e
Luns, 09 de Xullo do 2007

Moncho Fernández LealMoncho Fernández Leal

A principios dos anos 90, no apoxeo das teorías do fin da historia e do pensamento único, a globalización era presentada coma o futuro inmediato. Na súa posta en escea dicíase que era un proceso irreversíbel. Pero na realidade, a economía internacional non deixa de ser unha colección das nacionais.

Os organismos que foron estandarte da globalización, algúns nacidos ao remate da Segunda Guerra Mundial, coma o Fondo Monetario Internacional ou Banco Internacional de Reconstrucción e Fomento, na actualidade Banco Mundial, e outros que naceron na década dos 90, coma a Organización Mundial do Comercio, están nunca fonda crise, que pode ser decisiva. Xa nunca serán o que foron. Por outra banda, o capital máis importante das vendas das transnacionais segue a estar nos países de orixe. As elites do mundo económico compiten entre si. EE.UU., máximo predicador do libre comercio, practica nas súas fronteiras o proteccionismo máis radical. Constátase que a globalización do sector financieiro foi máis rápida e importante ca do produtivo.

Hai que ter en conta, na análise do fracaso da globalización coma alternativa, a resistencia popular. Non unicamente nas grandes manifestacións, nos encontros e foros alternativos, senón tamén no día a día das organizacións sociais, nomeadamente as de América, Asia e África.

Na aparición do termo globalización había o intento de agochar a palabra innombrábel: o capitalismo, modo de producción vixente na meirande parte dos países e que, na súa fase imperialista, outra palabra impronunciada, caracterizouse sempre por unha economía non regulada, especulativa, xerárquica.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.