topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3481893

Alternativas visuais

js_element_orange
Abur FMI! PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 18 de Xullo do 2007

Gustavo LucaGustavo Luca

Que catro governos de América declaren prescindíbel o Fondo Monetario Internacional é coma a baixada do pano dunha comedia dramática ruín e interminábel. O público aplaude porque rematou a obra. Abur FMI, non queremos saber nada de ti! Que nos devolvan axiña o depósito, non nos vaian espalillar (estafar) tamén a prenda, berra Chávez dende o patio.

É un cambio de época. Durante anos nomear na América de Martí o FMI era como petar de madrugada na porta da embaixada norteamericana. O FMI concedía un crédito a Venezuela en 1989 a condición de que o goberno de Carlos Andrés Pérez subise os prezos dos básicos. Recordan o Caracazo? Botábanlle as culpas aos desesperados e citaban Arxentina coma modelo de respecto polas normas do FMI, a penas na véspera da ruína absoluta, do espalillamento dun patrimonio colosal.

Por que poden Chávez , Ortega, Morales e Kirchner despedirse nesta hora do FMI? Porque como cantara Zé Mario Branco na Revolución de Abril "o FMI é só un pretexto", un instrumento que se vale de intermediarios corruptos coma Carlos Andrés Pérez para rapinar a riqueza e unha institución que serve de coartada aos governos cómplices. Se o governo non colabora, o FMI non funciona. O país máis endebedado de América neste momento é Colombia, grazas a Uribe.

Na despedida do FMI Chávez avisa que na casa desta venerábel institución en Washington xa non teñen con que pagar os salarios. Será casualidade que o presidente do FMI sexa Rodrigo Rato, ministro de Facenda do governo do PP? A primeira iniciativa de Rato ao ocupar o seu despacho foi subir os salarios e mellorar enormemente a caixa de pensións do FMI. A segunda foi chamar por teléfono a Zapatero e pedirlle a reforma do fondo de pensións, en especial os retiros das viúvas que consideraba xenerosos en exceso. Xusto nesa altura, un informe sobre as pensións na UE revelaba que o sistema español de retiro estaba entre os máis pobres da Unión.

Menor dependencia do diñeiro norteamericano e menor marxe de manobra das todopoderosas embaixadas gringas. Precisamente o que pedía Ernesto Ché Guevara, ministro cubano de Economía, na Conferencia da ONU sobre Comercio e Desenvolvemento no ano 1961. Daquela só a Revolución Cubana podía chamar ao FMI polo seu nome.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.