topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3665455

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
Extraterrestres no planeta amarelo PDF Imprimir Correo-e
Luns, 06 de Agosto do 2007

Marta DacostaMarta Dacosta

Este artigo está dedicado a Eduardo Álvarez, como tamén, no seu día, a Xosé Manuel Carril, Francisco X. Rei e Pilar García Negro.

Indignación. Indignación, cabreo, furia. Todos estes sentimentos ao comprobar unha vez máis que un cidadán que reclamou os seus lexítimos dereitos sobre o emprego do seu idioma está de novo sentado no banco dos acusados, desta volta defendéndose dunha acusación de inxurias.

É imposíbel entender que os que reclaman que se utilice a forma oficial do topónimo da cidade en que viven ou quen reflexiona sobre o seu lexítimo dereito a ser atendido na única lingua propia do noso país rematen por ser acusados e xulgados.

Poderíamos preguntarnos en que mundo vivimos, en que lugar e en que espazo estamos situados, se será que moitos de nós somos verdadeiros extraterrestres situados inexplicablemente nun planeta que xira máis lentamente, que vai por detrás de nós e que non vive a mesma realidade. Un planeta hostil en que algúns habitantes viven noutra dimensión, nunha dimensión en que perciben o galego como excesivamente presente en ámbitos como o do ensino... a dimensión da irrealidade.

Nese planeta hostil que non é azul nin está cruzado por un atlántico profundo, a xustiza ordenou retirar da venda a revista El jueves por mor das imaxes da súa portada. No planeta hostil de terras chas e secas, hai unha realidade que nos lembra tristes tempos pasados, tempos que queríamos ultrapasados, tempos en que o humorista deberá consultar o listado de temas autorizados mentres almorza bromuro e prozac.

Os gardiáns do planeta amarelo en que os individuos desta nación atlántica somos extraterrestres, vixían para que ninguén salte as barreiras do legalmente permitido, para que ninguén poida usar as naves que permitan descubrir que hai outra realidade, a realidade azul e atlántica dunha lingua propia e única, que nos pertence e que é nosa. Por iso teiman en nos levar como reos diante da cidade, xulgándonos por defender o que é noso.

Até cando estaremos no banco dos acusados por exixir o cumprimento das leis e dos dereitos que como falantes da nosa lingua nos corresponden? Até cando exixir os nosos dereitos vai ser considerado un delicto por algúns? Até cando temos que ser prudentes e pausados? Por que debemos ser nós sempre os que practiquemos o diálogo e a comprensión?

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.