|
Martes, 18 de Setembro do 2007 |
|
Isaac Bigio A crise hipotecaria de EEUU empeza a salpicar ao mundo. O venres 14 o pánico cundiu dentro de moitos aforradores británicos. Un dos 5 principais bancos de vivenda (Northern Rock) anunciou axuda de urxencia do Estado. En dous días o público retirou de alí case 5 mil millóns de dolares. O valor das súas accións desplomaronse en máis dun terzo arrastrando a outros bancos do sector.
Durante a década laborista a economía creceu beneficiándose dunha baixa inflación e de xenerosas ofertas de crédito con pouco interese. Isto fixo que moita xente se endebedase para poder adquirir vivendas e outros bens. Os prezos das casas subiron nalgunhas áreas ata 10 veces en 10 anos. A débeda persoal supera o trillón de dólares. Hoxe a gran burbulla vaise rebentando e os prezos das casas empezan a caer. Para evitar unha catástrofe do sistema financeiro de Londres (talvez o máis importante do mundo) o Banco de Inglaterra tomou unha medida sen precedentes: asegurar que pagará o 100% dos 50 mil millóns de depósitos de Northern Rock e tamén doutros bancos en problemas.
Desta xogada de risco depende o futuro do novo goberno e da economía británica. Isaac Bigio é Analista internacional - www.bigio.org |